Marzo

  • 12-03-18Obriga de consignar o valor estatístico nas declaracións Intrastat

    De acordo coa Orde HFP/36/2018, do 18 de xaneiro, pola que se establecen determinadas disposicións relativas ao Sistema Intrastat, entre os datos que han de consignar todos os operadores que deben presentar declaración están o valor da mercadoría e o valor estatístico.

  • 08-03-18Modelos de declaración de Renda e Patrimonio para o exercicio 2017

    Apróbanse os modelos de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto sobre o Patrimonio do exercicio 2017 e determínanse o lugar, forma e prazos de presentación destes.

  • 06-03-18Colaboración social na solicitude de certificados tributarios

    En virtude do disposto na Resolución do 12 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a do 29 de maio de 2006, pola que se establecen os supostos e condicións en que poderá facerse efectiva a colaboración social na aplicación dos tributos, abriuse a colaboración social na aplicación dos tributos ás seguintes solicitudes de certificados tributarios, que se unen aos certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias, de contratistas e subcontratistas, de residencia fiscal, de Actividades Económicas e de Exoneración de retención aos arrendadores de inmobles, así como os que poden solicitarse a través da nova aplicación de certificados tributarios xenéricos:

  • 06-03-18Interrupción do servizo da Sede electrónica

    Pola realización de operacións de mantemento, o próximo sábado 10 de marzo interromperase o servizo da Sede electrónica da Axencia Tributaria entre as 18:30 e as 20:30 horas.

    Desculpen as molestias.

Imaxe Cargando
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda