Xaneiro

  • 02-01-18Información tributaria

    Realízanse actualizacións relativas á subministración de información derivado de determinadas obrigas informativas.Máis concretamente, modifícanse os modelos 181, 187, 188, 193, 198 e 289

  • 02-01-18Regulamento Xeral de Recadación, réxime sancionador, revisión en vía administrativa

    O 30 de decembro publicáronse no BOE o Real Decreto 1071/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, o Real Decreto 1072/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento xeral do réxime sancionador tributario, aprobado polo Real Decreto 2063/2004, de 15 de outubro e o Real Decreto 1073/2017, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria, en materia de revisión en vía administrativa, aprobado polo Real Decreto 520/2005, do 13 de maio.

  • 02-01-18Actividades empresariais e profesionais.Declaración censal

    Modifícanse a Orde EHA/1274/2007, do 26 de abril, pola que se aproban os modelos 036 de declaración censal de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores e 037 declaración censal simplificada de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores, a Orde EHA/3434/2007, do 23 de novembro, pola que se aproban os modelos 322 de autoliquidación mensual, modelo individual, e 353 de autoliquidación mensual, modelo agregado, e a Orde EHA/3786/2008, do 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 303 imposto sobre o valor engadido, autoliquidación.

  • 02-01-18Procedementos tributarios

    Modifícase o Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real Decreto 1065/2007, de 27 de xullo, e o Real Decreto 1676/2009, do 13 de novembro, polo que se regula o Consello para a Defensa do Contribuínte.

  • 02-01-18Medidas tributarias

    Modifícanse o Regulamento do IVE, o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, o Regulamento dos Impostos Especiais, o Regulamento do Imposto sobre os Gases Fluorados de Efecto Invernadoiro, o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, o Real Decreto 3485/2000, do 29 de decembro, sobre franquías e exencións en réxime diplomático, consular e de organismos internacionais e de modificación do Regulamento Xeral de Vehículos, e o Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.As modificacións inciden con carácter xeral no ámbito procedemental e xestor.

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda