Maio

  • 31-05-16Informe de Recadación Tributaria (abril 2016)

    Informe mensual e series históricas de Recadación Tributaria correspondentes ao mes de abril de 2016

  • 30-05-16Cambio en la configuración SSL de la Sede electrónica

    El Lunes 13 de Junio de 2016 se va a realizar un cambio en la configuración SSL de la Sede Electrónica, con objeto de mejorar la configuración de seguridad.

  • 30-05-16Sede Electrónica;utilización dun novo certificado de Sede e a utilización exclusiva do protocolo TLS

    O próximo luns 13 de xuño, vanse implementar unha serie de melloras técnicas na Sede Electrónica da Axencia Tributaria consistentes na utilización dun novo certificado de Sede e a utilización exclusiva do protocolo TLS descartando ao obsoleto protocolo SSL.

  • 24-05-16Estatísticas de matriculacións (abril 2016)

    Avance Mensual sobre o imposto de matriculación de vehículos correspondente ao mes de abril de 2016.

  • 24-05-16Como deben declararse o NIF e o MRN en certificados non aduaneiros na solicitude de TRACES

    Coa entrada da Xanela Única Aduaneira (VUA) en funcionamento, é importante que se declare correctamente o NIF do importador e o MRN cando se estea a solicitar un certificado pola aplicación de TRACES.

  • 20-05-16Estatísticas de comercio exterior.Datos estatísticos.Últimas estatísticas publicadas

    Últimas estatísticas publicadas de Comercio Exterior, correspondentes ao mes de marzo de 2016

  • 13-05-16Publicación da guías edifact de DVD e IDA Versión V4.0.

    Modifícase a guía IDA003 e DVD003 para incluír adaptacións necesarias ao novo Código Aduaneiro da Unión e, en concreto, ao relacionado coa declaración das garantías das débedas alfandegueiras potenciais que se deriven da declaración aduaneira de vinculación a depósito aduaneiro.A nova aplicación nacional de garantías, paso previo á futura aplicación de garantías da Unión, prevé un número de garantía (GRN) por operador, aval e finalidade ou ben un GRN por operador, aval e multifinalidade que se constitúa ante a Alfándega, a diferenza da aplicación existente ata a data que prevé un único número de garantía por operador/finalidade.Por iso é necesario modificar esta guía de forma que sexa posible a declaración de varias garantías nunha mesma mensaxe.

  • 11-05-16Publicación da guía edifact de importación Versión V6.1 e recordatorio sobre o peche da Versión 4.0.

    Versión V6.1

    Modifícase a guía ICS005 para incluír adaptacións necesarias ao novo Código Aduaneiro da Unión e, en concreto, ao relacionado coa declaración das garantías das débedas alfandegueiras existentes ou potenciais que se deriven da declaración aduaneira de importación.A nova aplicación nacional de garantías, paso previo á futura aplicación de garantías da Unión, prevé un número de garantía (GRN) por operador, aval, finalidade e un único réxime ou ben un GRN por operador, aval, finalidade e multiregimen que se constitúa ante a Alfándega, a diferenza da aplicación existente ata a data que prevé un único número de garantía por operador/finalidade.Por iso é necesario modificar esta guía de forma que sexa posible a declaración de varias garantías nunha mesma mensaxe.

    Diferenzas recpecto á versión V6.0:

    1. O segmento BGM non se ve modificado respecto á versión V5.0.Queda definitivamente como un an..14.
    2. Explicacion do formato do GRN.
    3. Segmento TAX da mensaxe de resposta CUSRES con calificador 7:  Elimínase o réxime en garantía e rectifícanse erratas.
    4. Número de ocorrencias no segmento DOC do CUSRES.

    Versión V4.0.

    Recórdase que a partir do martes 17/05/2016 a Versión V4.0 (ICS004) non poderá ser utilizada.

  • 10-05-16Inicio da atención presencial para a confección de borradores e declaracións de Renda 2015

    O martes 10 de maio comeza o servizo de confirmación / modificación de borradores e da confección de declaracións de Renda 2015 en oficinas da Axencia Tributaria e doutras administracións (CC.AA.e Entidades Locais) que colaboran na prestación do servizo.

    Recórdase que para acudir ás citadas oficinas é imprescindible solicitar cita previa por Internet, en calquera momento do día, ou chamando aos teléfonos 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 de luns a venres, en horario de 9 a 19 horas.O servizo prestarase ata o 30 de xuño de 2016.

  • 06-05-16Redución do índice de rendemento neto de actividades agrícolas e gandeiras para o período impositivo 2015

    Redúcense para o período impositivo 2015 os índices de rendemento neto e o índice corrector por pensos adquiridos a terceiros aplicables no método de estimación obxectiva do IRPF para as actividades agrícolas e gandeiras afectadas por diversas circunstancias excepcionais.

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda