Aduanas.Axuste de validacións en mensaxe de Manifestos de Carga (CARCAR)

A partir do luns 23 de Xuño activaranse determinadas validacións na mensaxe de petición de Manifestos de Carga (CARCAR), segundo se detalla a continuación:

O segmento GIS[21] no que se declara a situación aduaneira da partida terá como máximo unha única ocorrencia e será obrigatorio incluílo para as seguintes funcións da mensaxe:

- DCC (función 47).Alta de declaración

- APT (función 2).Adición de partidas

- CPT (función 36).Modificación de partidas


O segmento GIS[21] non se deberá enviar na función da mensaxe "BPT (función 3).Anulación de partida".

Para o resto de funcións carece de sentido ao non se declarar información das partidas (segmentos CNI).

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda