Memoria 2017

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
  2. 2.INFORMACIÓN INSTITUCIONAL
    1. 2.1.Funciones
    2. 2.2.Plantilla y presupuesto
    3. 2.3.Organización
    4. 2.4.Agencia Tributaria electrónica
    5. 2.5.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  3. 3.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 3.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 3.2.Recaudación tributaria líquida
      1. 3.2.1.Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
      2. 3.2.2.Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido
      3. 3.2.3.Evolución de ingresos por Impostos Especiais
    3. 3.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 3.3.2 Outros resultados da prevención e control da fraude tributaria e aduaneira
  4. 4.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2017
    1. 4.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 4.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 4.1.2.Control extensivo
      3. 4.1.3.Fase recadatoria
      4. 4.1.4.Colaboración da Axencia Tributaria cos órganos xurisdicionais
      5. 4.1.5.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
    2. 4.2.Servicios al contribuyente
      1. 4.2.1.Servicios de información
      2. 4.2.2.Programas de asistencia xenéricos
      3. 4.2.3.Campaña de Renta
      4. 4.2.4.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      5. 4.2.5.Plan de asistencia a persoas con minusvalidez
      6. 4.2.6.Programa de Educación Cívico-Tributaria
      7. Ley de Transparencia
    3. 4.3.Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
      1. 4.3.1.Identificación, autenticación e firma.Cl@ve PIN
      2. 4.3.2.Rexistro electrónico xeral
      3. 4.3.3.Presentación telemática de declaracións tributarias
      4. 4.3.4.Subministración inmediata de información (SII)
      5. 4.3.5.Outros novos trámites telemáticos
      6. 4.3.6.Notificacións electrónicas
      7. 4.3.7.Outras medidas para o fomento da Administración electrónica
      8. 4.3.8.Medidas para simplificar o uso da tecnoloxía polos usuarios
      9. 4.3.9.Redes sociais:YouTube
    4. 4.4.Intercambio e cesión de información
      1. 4.4.1.Cesión de información
      2. 4.4.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.4.3.Intercambio de información internacional
    5. 4.5.Servizo de Auditoría Interna
      1. 4.5.1.Control interno
      2. 4.5.2.Incompatibilidades e investigación de condutas
      3. 4.5.3.Seguridade da Información.Control de accesos
  5. 5.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 5.1.Foro de Grandes Empresas e Código de Boas Prácticas Tributarias
    2. 5.2.Colaboración social
  6. ANEXO:CADROS E GRÁFICOS
    1. Cadro nº 1.Recadación tributaria
    2. Cadro nº 2.Principais declaracións presentadas
    3. Cadro nº 3.Censo de obrigados tributarios
    4. Cadro nº 4.Equipo total
    5. Gráfico nº 5.Distribución entre Servizos centrais e Servizos territoriais
    6. Gráfico nº 6.Distribución por áreas 2016 - 2017
    7. Gráfico nº 7.Distribución por subgrupos 2016 - 2017
    8. Gráfico nº 8.Distribución por sexos 2016 - 2017
    9. Cadro nº 9.Índice de desempeño
    10. Cadro nº 10.Distribución do gasto por capítulos.Comparativa 2016 - 2017
    11. Cadro nº 11.Quejas y sugerencias.Principais rúbricas 2017
    12. Cadro nº 12.Recadación tributaria bruta total (millóns de euros)
    13. Cadro nº 13.Recadación tributaria líquida total (millóns de euros)
    14. Gráfico nº 14.Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
    15. Cadro nº 15.Axustes por impactos de cambios normativos
    16. Cadro nº 16.Índice de eficiencia
    17. Cadro nº 17.Delitos fiscais denunciados polas áreas de Inspección Financeira e de Alfándegas e II.EE.
    18. Cadro nº 18.Control da fraude tributaria e aduaneira:principais magnitudes
    19. Cadro nº 19.Actuaciones de lucha contra el contrabando
    20. Cadro nº 20.Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
    21. Cadro nº 21.Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
    22. Cadro nº 22.Resultados no réxime de Módulos
    23. Cadro nº 23.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas
    24. Cadro nº 24.Actividade interventora
    25. Cadro nº 25.Evolución da débeda pendente
    26. Cadro nº 26.Desagregación da débeda pendente
    27. Cadro nº 27.Datos relativos a débedas en executiva
    28. Gráfico nº 28.Evolución do cargo en período executivo (2007-2017)
    29. Cadro nº 29.Medidas preventivas e derivacións de responsabilidade
    30. Cadro nº 30.Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial durante o proceso penal
    31. Cadro nº 31.Medidas preventivas (arts.81.5 e 81.8 LGT)
    32. Cadro nº 32.Subministración de información a Órganos Xurisdicionais
    33. Gráfico nº 33.Evolución de los accesos al Programa Informa
    34. Gráfico nº 34.Evolución das chamadas atendidas polo teléfono Información Tributaria Básica
    35. Gráfico nº 35.Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria
    36. Gráfico nº 36.Renda WEB
    37. Cadro nº 37.Renda 2016:resultados obtidos
    38. Gráfico nº 38.Solicitudes de aprazamentos en número.Distribución porcentual por tramos de importe
    39. Gráfico nº 39.Solicitudes de aprazamentos en importe.Distribución porcentual por tramos de importe
    40. Cadro nº 40.Acordos de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento
    41. Cadro nº 41.Garantías nos aprazamentos concedidos
    42. Gráfico nº 42.Evolución do número de solicitudes de aprazamentos
    43. Gráfico nº 43.Evolución do importe de aprazamentos solicitados (en millóns euros)
    44. Cadro nº 44.Accesibilidade aos edificios da Axencia Tributaria
    45. Gráfico nº 45.Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    46. Gráfico nº 46.Suministros de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

4.1.3. Fase recadatoria

   
  1. A Axencia Tributaria desenvolve un amplo elenco de actuacións conducentes ao cobramento das débedas e sancións tributarias derivadas da aplicación do sistema tributario estatal e aduaneiro, así como das derivadas dos demais recursos de natureza pública cuxa xestión asume en virtude de Lei ou Convenio.

    Nestas actuacións que se levan a cabo, tanto en período voluntario coma en período executivo, resulta precisa a utilización de todos aqueles mecanismos que o ordenamento xurídico habilita para o cobramento coactivo.

    A Axencia Tributaria seguiu apostando en 2017 por intensificar as actuacións máis cualificadas para a loita contra a fraude na fase recadatoria.

    Evolución da débeda pendente

    A xestión recadatoria das débedas tributarias consiste no exercicio das funcións administrativas conducentes ao seu cobramento. Inclúe un conxunto de actuacións como a investigación patrimonial, a adopción de medidas preventivas, a realización de acordos de derivación de responsabilidade e todas aquelas previstas no Regulamento Xeral de Recadación con suxeición aos prazos establecidos no ordenamento xurídico tributario.

    Ata que as débedas tributarias se extingan, por pagamento, compensación ou os demais medios previstos legalmente, considéranse “pendentes”. Non obstante, dentro das débedas pendentes hai que distinguir entre aquelas nas que concorren supostos de suspensión, aprazamento ou procedemento concursal, que non resultan esixibles mentres permanezan, nesa situación, do resto de débedas pendentes, respecto das que os órganos de recadación despregan todas as facultades previstas no ordenamento xurídico.

    A débeda pendente ao final de cada ano é o resultado de sumar á débeda pendente ao inicio dese ano as débedas pendentes orixinadas no ano en curso, denominadas “cargo anual”, e de restar as cancelacións que se producen no ano, ben por ingresos obtidos como resultado das actuacións recadatorias ou ben por outras causas legalmente establecidas.

    A débeda pendente, a 31 de decembro de 2017, era de 42.365 millóns de euros, o que supón un descenso do 7,6 por cento respecto a 31 de decembro de 2016.

    Os seguintes cadros do Anexo mostran, respectivamente, a evolución da débeda pendente ao final de cada un dos anos comprendidos no período 1998-2017 e  a desagregación da débeda pendente:

  2. Cadro nº 25. Evolución da débeda pendente (Anexo)
  3. Cadro nº 26. Desagregación da débeda pendente (Anexo)
  4. Débedas pendentes en período executivo

    En canto á débeda en executiva, durante 2017, o importe total da débeda a xestionar en período executivo ascendeu a 35.029,1 millóns de euros. Este importe inclúe a débeda en executiva pendente a principios de 2017 e o cargo ou débedas en executiva cargadas durante o exercicio. O importe total das débedas obxecto de recarga de prema en 2017 ascendeu a 8.939,5 millóns de euros, un 10,9 por cento menos que en 2016. Deste importe, as débedas orixinadas pola aplicación dos tributos competencia da Axencia Tributaria ascenderon a 6.236,5 millóns e as doutros entes a 2.703,1 millóns de euros. Por outra parte, cancelouse débeda por importe de 11.065,6 millóns.

    As principais magnitudes relativas á fase recadatoria desenvólvense nos cadros que se enumeran a continuación expostos no Anexo:

  5. Cadro nº 27. Datos relativos a débedas en executiva (Anexo)
  6. Gráfico nº 28.Evolución do cargo en período executivo (2007-2017)
  7. Débedas orixinadas pola aplicación dos tributos competencia da Axencia Tributaria

    Da débeda obxecto da recarga de prema en 2017, o 70 por cento do total, 6.236,5 millóns, provén de débedas orixinadas pola aplicación dos tributos competencia da Axencia Tributaria. Esta débeda procede tanto de liquidacións practicadas pola Axencia Tributaria como de autoliquidacións presentadas polos contribuíntes sen ingreso ou de aprazamentos incumpridos. Pola súa banda, cancelouse débeda orixinada pola aplicación dos tributos competencia da Axencia Tributaria por importe de 8.427,4 millóns.

    Ademais, para previr e combater o baleirado patrimonial dos debedores vénse potenciando nos últimos anos a adopción tanto de medidas preventivas (cando existen indicios de que o cobramento da débeda se poida ver frustrado ou gravemente dificultado), como derivacións de responsabilidade (en canto mecanismo para trasladar a obriga de pagamento dun obrigado a outro), cando se dan os presupostos establecidos na Lei.

    No seguinte cadro do Anexo móstranse os resultados obtidos no 2016 e 2017 e a súa taxa de variación:

  8. Cadro nº 29. Medidas preventivas e derivacións de responsabilidade (Anexo)
  9. Xestión de débedas doutros entes

    En 2017 realizouse a recadación en período executivo para un conxunto de 168 entes externos, comprendendo neles 43 Organismos Autónomos, 16 Comunidades Autónomas, 37 Entidades Locais e 41 Entes Públicos, ademais dos diferentes Departamentos Ministeriais que incorporaron os recursos de dereito público á vía de constrinximento e outras débedas de dereito público cuxos ingresos han de engrosar o Presuposto do Estado. Tamén se xestionou o cobramento de débedas doutros Estados Membros da Unión Europea no marco da Asistencia Mutua, así como doutros países por acordos internacionais subscritos (OCDE).

    A maior porcentaxe de débeda xestionada corresponde aos Departamentos Ministeriais e outros (55,1 por cento) seguida das Comunidades Autónomas (26,0 por cento) e dos Organismos Autónomos (16,7 por cento).

    En 2017, o importe da débeda obxecto de recarga de prema ascendeu a 2.703,06 millóns de euros. Pola súa banda, cancelouse débeda por importe de 2.638,24 millóns de euros.

    Por orixe, os entes externos con maior importe de débeda a xestionar pola Axencia Tributaria durante 2017 foron as Comunidades Autónomas (24 por cento), os diversos Departamentos Ministeriais (23 por cento) e o Organismo Autónomo Xefatura de Tráfico (10 por cento).

    Polo que respecta ás Comunidades Autónomas, con maior importe de débeda xestionada en 2017, destacan Cataluña, Andalucía e Comunitat Valenciana.