Memoria 2017

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
  2. 2.INFORMACIÓN INSTITUCIONAL
    1. 2.1.Funciones
    2. 2.2.Plantilla y presupuesto
    3. 2.3.Organización
    4. 2.4.Agencia Tributaria electrónica
    5. 2.5.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  3. 3.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 3.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 3.2.Recaudación tributaria líquida
      1. 3.2.1.Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
      2. 3.2.2.Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido
      3. 3.2.3.Evolución de ingresos por Impostos Especiais
    3. 3.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 3.3.2 Outros resultados da prevención e control da fraude tributaria e aduaneira
  4. 4.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2017
    1. 4.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 4.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 4.1.2.Control extensivo
      3. 4.1.3.Fase recadatoria
      4. 4.1.4.Colaboración da Axencia Tributaria cos órganos xurisdicionais
      5. 4.1.5.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
    2. 4.2.Servicios al contribuyente
      1. 4.2.1.Servicios de información
      2. 4.2.2.Programas de asistencia xenéricos
      3. 4.2.3.Campaña de Renta
      4. 4.2.4.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      5. 4.2.5.Plan de asistencia a persoas con minusvalidez
      6. 4.2.6.Programa de Educación Cívico-Tributaria
      7. Ley de Transparencia
    3. 4.3.Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
      1. 4.3.1.Identificación, autenticación e firma.Cl@ve PIN
      2. 4.3.2.Rexistro electrónico xeral
      3. 4.3.3.Presentación telemática de declaracións tributarias
      4. 4.3.4.Subministración inmediata de información (SII)
      5. 4.3.5.Outros novos trámites telemáticos
      6. 4.3.6.Notificacións electrónicas
      7. 4.3.7.Outras medidas para o fomento da Administración electrónica
      8. 4.3.8.Medidas para simplificar o uso da tecnoloxía polos usuarios
      9. 4.3.9.Redes sociais:YouTube
    4. 4.4.Intercambio e cesión de información
      1. 4.4.1.Cesión de información
      2. 4.4.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.4.3.Intercambio de información internacional
    5. 4.5.Servizo de Auditoría Interna
      1. 4.5.1.Control interno
      2. 4.5.2.Incompatibilidades e investigación de condutas
      3. 4.5.3.Seguridade da Información.Control de accesos
  5. 5.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 5.1.Foro de Grandes Empresas e Código de Boas Prácticas Tributarias
    2. 5.2.Colaboración social
  6. ANEXO:CADROS E GRÁFICOS
    1. Cadro nº 1.Recadación tributaria
    2. Cadro nº 2.Principais declaracións presentadas
    3. Cadro nº 3.Censo de obrigados tributarios
    4. Cadro nº 4.Equipo total
    5. Gráfico nº 5.Distribución entre Servizos centrais e Servizos territoriais
    6. Gráfico nº 6.Distribución por áreas 2016 - 2017
    7. Gráfico nº 7.Distribución por subgrupos 2016 - 2017
    8. Gráfico nº 8.Distribución por sexos 2016 - 2017
    9. Cadro nº 9.Índice de desempeño
    10. Cadro nº 10.Distribución do gasto por capítulos.Comparativa 2016 - 2017
    11. Cadro nº 11.Quejas y sugerencias.Principais rúbricas 2017
    12. Cadro nº 12.Recadación tributaria bruta total (millóns de euros)
    13. Cadro nº 13.Recadación tributaria líquida total (millóns de euros)
    14. Gráfico nº 14.Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
    15. Cadro nº 15.Axustes por impactos de cambios normativos
    16. Cadro nº 16.Índice de eficiencia
    17. Cadro nº 17.Delitos fiscais denunciados polas áreas de Inspección Financeira e de Alfándegas e II.EE.
    18. Cadro nº 18.Control da fraude tributaria e aduaneira:principais magnitudes
    19. Cadro nº 19.Actuaciones de lucha contra el contrabando
    20. Cadro nº 20.Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
    21. Cadro nº 21.Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
    22. Cadro nº 22.Resultados no réxime de Módulos
    23. Cadro nº 23.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas
    24. Cadro nº 24.Actividade interventora
    25. Cadro nº 25.Evolución da débeda pendente
    26. Cadro nº 26.Desagregación da débeda pendente
    27. Cadro nº 27.Datos relativos a débedas en executiva
    28. Gráfico nº 28.Evolución do cargo en período executivo (2007-2017)
    29. Cadro nº 29.Medidas preventivas e derivacións de responsabilidade
    30. Cadro nº 30.Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial durante o proceso penal
    31. Cadro nº 31.Medidas preventivas (arts.81.5 e 81.8 LGT)
    32. Cadro nº 32.Subministración de información a Órganos Xurisdicionais
    33. Gráfico nº 33.Evolución de los accesos al Programa Informa
    34. Gráfico nº 34.Evolución das chamadas atendidas polo teléfono Información Tributaria Básica
    35. Gráfico nº 35.Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria
    36. Gráfico nº 36.Renda WEB
    37. Cadro nº 37.Renda 2016:resultados obtidos
    38. Gráfico nº 38.Solicitudes de aprazamentos en número.Distribución porcentual por tramos de importe
    39. Gráfico nº 39.Solicitudes de aprazamentos en importe.Distribución porcentual por tramos de importe
    40. Cadro nº 40.Acordos de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento
    41. Cadro nº 41.Garantías nos aprazamentos concedidos
    42. Gráfico nº 42.Evolución do número de solicitudes de aprazamentos
    43. Gráfico nº 43.Evolución do importe de aprazamentos solicitados (en millóns euros)
    44. Cadro nº 44.Accesibilidade aos edificios da Axencia Tributaria
    45. Gráfico nº 45.Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    46. Gráfico nº 46.Suministros de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

3.2. Recadación tributaria líquida

   
  1. A recadación tributaria líquida resulta de minorar da recadación tributaria bruta as devolucións efectivamente pagadas no exercicio e os axustes cos territorios forais. Responde, así mesmo, a un criterio de caixa, distinto doutros conceptos como os dereitos recoñecidos ou os impostos para os efectos de Contabilidade Nacional.

    No ano 2017 ingresáronse 193.951 millóns de euros, un 4,1 por cento máis que en 2016. Sen o impacto do SII, o crecemento tería sido do 6,4 por cento.

    Nos seguintes apartados do Anexo desenvólvese esta información:

  2. Cadro nº 13. Recadación tributaria líquida total (Anexo)
  3. Gráfico nº 14. Evolución da recadación tributaria xestionada pola Axencia Tributaria (Anexo)
  4. As diferenzas que se observan por figuras entre o crecemento dos ingresos netos e os brutos analizados no apartado anterior explícase pola evolución das devolucións realizadas. En 2017, o crecemento do total das devolucións foi do 3,9 por cento. No IRPF, as devolucións realizadas reducíronse un 5 por cento e, no caso das ligadas á declaración anual, un 7 por cento. No Imposto sobre Sociedades e no Imposto sobre a Renda dos Non Residentes, as devolucións realizadas creceron (2,1 por cento e 4,5 por cento, respectivamente) pero menos que os ingresos brutos. Pola súa banda, no IVE os ingresos netos (sen o impacto do SII) creceron un 7,9 por cento, igual que os ingresos brutos (as devolucións realizadas aumentaron un 9,5 por cento, pero tamén se viron afectadas pola implantación do SII, que permitiu unha axilización na realización destas; sen o SII, o incremento tería sido do 8 por cento). Nos Impostos Especiais, os ingresos netos aumentaron un 2,2 por cento, por enriba dos brutos debido ás menores devolucións do céntimo sanitario.

    O conxunto de cambios normativos que afectaron os ingresos de 2017 supuxo unha perda de 3.361 millóns. Agora ben, se se elimina o efecto do SII, o impacto sería positivo por un importe de 789 millóns. A entrada en vigor desta nova forma de xestión veu acompañada dun atraso na data límite de presentación das declaracións (do 20 ao 30 do mes posterior ao mes de devindicación). A consecuencia foi que as declaracións dun mes calquera que anteriormente se contabilizaban no mes seguinte, pasaron na súa maior parte a rexistrarse dous meses máis tarde e, polo tanto, no conxunto do ano só se contabilizaron, para as empresas acollidas ao novo sistema, 11 meses de ingresos (o mes de novembro que antes se recadaba dentro do ano pasou a figurar en xaneiro do ano seguinte). Xunto a esta perda transitoria de ingresos, o novo sistema posibilitou a realización máis áxil das devolucións, de maneira que tamén por este lado houbo unha diminución de ingresos: devolucións mensuais correspondentes aos últimos meses do ano, que antes se tivesen realizado nos primeiros meses do seguinte, realizáronse dentro do ano 2017. En total, ambos os dous cambios significaron un traslado de ingresos de 2017 a 2018 por valor de 4.150 millóns.

    Esta diminución de ingresos viuse parcialmente compensada polo aumento da recadación (656 millóns) que supuxeron os cambios na normativa dos aprazamentos, endurecendo os requisitos para o seu acceso. A raíz destes cambios, observouse unha redución dos aprazamentos concedidos e un incremento dos ingresos por IVE. O impacto na recadación foise moderando ao longo do ano, ao ser contrarrestado polos menores ingresos procedentes de períodos anteriores.

    No IVE tamén se produciu unha pequena perda de ingresos (21 millóns) pola rebaixa de tipos en diversas actividades, das cales a máis importante é a dos espectáculos en vivo.

    No IRPF os cambios normativos significaron un aumento na recadación de 1.067 millóns. Os impactos proceden de modificacións de anos anteriores. En 2017 presentouse a declaración de 2016 que incluía algunhas medidas adicionais da reforma que aínda non se puxeran en marcha. Con estes impactos daríase por pechado o custo da reforma que se distribuíu en tres anos (2015, 2016 e 2017), cun importe total estimado de 7.698 millóns.

    Tamén o Imposto sobre Sociedades se viu afectado en 2017 pola reforma da imposición directa de 2015 polas mesmas razóns que o IRPF. O impacto estímase en 618 millóns. O custo completo da reforma cífrase en 2.391 millóns. Non obstante, os maiores impactos producíronse por outras medidas, polos RDL 2/2016 e 3/2016 aprobados a finais dese ano e que se superpuxeron á reforma, modificando algúns dos seus aspectos e alterando os efectos previstos desta. O RDL 2/2016, que cambiou a forma na que se calculan os pagamentos fraccionados dende o segundo pagamento de 2016, tivo efecto en 2017 sobre a cota diferencial. O impacto (-2.967 millóns) é o mesmo que se estimou para os pagamentos en 2016, pero con signo negativo ao tratarse simplemente dun adianto dos ingresos por parte dos contribuíntes. Pola súa banda, o RDL 3/2016 afectou tanto aos pagamentos (coa limitación á compensación de bases impoñibles negativas: 301 millóns) como á cota (limitacións á minoración polas bases impoñibles negativas e á dedución por dobre imposición internacional e un novo tratamento das deterioracións: 982 millóns). En conxunto, todas as medidas que influíron nos ingresos do Imposto sobre Sociedades supuxeron, en termos netos, unha perda de 1.049 millóns.

    Nos Impostos Especiais as medidas normativas elevaron os ingresos en 184 millóns. A orixe foi a suba de tipos no Imposto sobre os Labores do Tabaco (133 millóns) e no Imposto sobre o Alcohol e Bebidas Derivadas (35 millóns) de decembro de 2016, e a modificación do tipo utilizado no cálculo das devolucións por gasóleo agrícola (16 millóns) en vigor dende xullo de 2017. O resto de impactos (gases fluorados e taxas xudiciais) tamén son consecuencia de cambios de anos anteriores: en gases fluorados, pola implementación progresiva do imposto e en taxas xudiciais, pola sentenza xa sinalada.

    As principais cifras ofrécense en seguinte cadro:

  5. Cadro nº 15. Axustes por impactos de cambios normativos (Anexo)
  6. 3.2.1.Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
  7. 3.2.2.Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido
  8. 3.2.3.Evolución de ingresos por Impostos Especiais