Memoria 2016

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
  2. 2.INFORMACIÓN INSTITUCIONAL
    1. 2.1.Funciones
    2. 2.2.Plantilla y presupuesto
    3. 2.3.Organización
    4. 2.4.Agencia Tributaria electrónica
    5. 2.5.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  3. 3.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 3.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 3.2.Recaudación tributaria líquida
      1. 3.2.1.Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
      2. 3.2.2.Evolución de ingresos por Imposto sobre Sociedades
      3. 3.2.3.Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido
      4. 3.2.4.Evolución de ingresos por Impostos Especiais
    3. 3.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 3.3.2 Outros resultados da prevención e control da fraude tributaria e aduaneira
  4. 4.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2016
    1. 4.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 4.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 4.1.2.Control extensivo
      3. 4.1.3.Fase recadatoria
      4. 4.1.4.Colaboración da Axencia Tributaria cos órganos xurisdicionais
      5. 4.1.5.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
    2. 4.2.Servicios al contribuyente
      1. 4.2.1.Servicios de información
      2. 4.2.2.Programas de asistencia xenéricos
      3. 4.2.3.Campaña de Renta
      4. 4.2.4.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      5. 4.2.5.Plan de asistencia a persoas con minusvalidez
      6. 4.2.6.Programa de Educación Cívico-Tributaria
      7. 4.2.7.Campañas institucionais
      8. 4.2.8.Ley de Transparencia
    3. 4.3.Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
      1. 4.3.1.Identificación, autenticación e firma.Cl@ve PIN
      2. 4.3.2.Rexistro electrónico xeral
      3. 4.3.3.Presentación telemática de declaracións tributarias
      4. 4.3.4.Notificacións electrónicas
      5. 4.3.5.Outras medidas para o fomento da Administración electrónica
      6. 4.3.6.Medidas para simplificar o uso da tecnoloxía polos usuarios
      7. 4.3.7.Redes sociais:YouTube
    4. 4.4.Intercambio e cesión de información
      1. 4.4.1.Cesión de información
      2. 4.4.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.4.3.Intercambio de información internacional
    5. 4.5.Servizo de Auditoría Interna
      1. 4.5.1.Control interno
      2. 4.5.2.Incompatibilidades e investigación de condutas
      3. 4.5.3.Seguridade da Información.Control de accesos
  5. 5.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 5.1.Foro de Grandes Empresas e Código de Boas Prácticas Tributarias
    2. 5.2.Colaboración social
  6. ANEXO:CADROS E GRÁFICOS
    1. Cadro nº 1.Recadación tributaria
    2. Cadro nº 2.Principais declaracións presentadas
    3. Cadro nº 3.Censo de obrigados tributarios
    4. Cadro nº 4.Equipo total
    5. Gráfico nº 5.Distribución entre servizos centrais e territoriais 2015 - 2016
    6. Gráfico nº 6.Distribución por áreas 2015 - 2016
    7. Gráfico nº 7.Distribución por subgrupos 2015 - 2016
    8. Gráfico nº 8.Distribución por sexos 2015 - 2016
    9. Cadro nº 9.Índice de desempeño
    10. Cadro nº 10.Distribución do gasto por capítulos.Comparativa 2015 - 2016
    11. Cadro nº 11.Quejas y sugerencias.Comparativa 2015 - 2016
    12. Cadro nº 12.Recadación tributaria bruta total (millóns de euros)
    13. Cadro nº 13.Recadación tributaria líquida total (millóns de euros)
    14. Gráfico nº 14.Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
    15. Cadro nº 15.Axustes por impactos de cambios normativos
    16. Cadro nº 16.Índice de eficiencia
    17. Cadro nº 17.Delitos fiscais denunciados polas áreas de Inspección Financeira e de Alfándegas e II.EE.
    18. Cadro nº 18.Control da fraude tributaria e aduaneira:principais magnitudes
    19. Cadro nº 19.Actuaciones de lucha contra el contrabando
    20. Cadro nº 20.Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
    21. Cadro nº 21.Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
    22. Cadro nº 22.Resultados no réxime de Módulos
    23. Cadro nº 23.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas
    24. Cadro nº 24.Actividade interventora
    25. Cadro nº 25.Evolución da débeda pendente
    26. Cadro nº 26.Desagregación da débeda pendente
    27. Cadro nº 27.Datos relativos a débedas en executiva
    28. Gráfico nº 28.Evolución do cargo en período executivo (2006-2016)
    29. Cadro nº 29.Medidas preventivas e derivacións de responsabilidade
    30. Cadro nº 30.Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial durante o proceso penal
    31. Cadro nº 31.Medidas preventivas (arts.81.5 e 81.8 LGT)
    32. Cadro nº 32.Subministración de información a Órganos Xurisdicionais
    33. Gráfico nº 33.Evolución de los accesos al Programa Informa
    34. Gráfico nº 34.Evolución das chamadas atendidas polo teléfono Información Tributaria Básica
    35. Gráfico nº 35.Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria
    36. Gráfico nº 36.Borrador declaración IRPF - Renda WEB
    37. Cadro nº 37.Renda 2015:resultados obtidos
    38. Gráfico nº 38.Solicitudes de aprazamentos en número.Distribución porcentual por tramos de importe
    39. Gráfico nº 39.Solicitudes de aprazamentos en importe.Distribución porcentual por tramos de importe
    40. Cadro nº 40.Acordos de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento
    41. Cadro nº 41.Garantías nos aprazamentos concedidos
    42. Gráfico nº 42.Evolución do número de solicitudes de aprazamentos
    43. Gráfico nº 43.Evolución do importe de aprazamentos solicitados (en millóns euros)
    44. Cadro nº 44.Accesibilidade aos edificios da Axencia Tributaria
    45. Gráfico nº 45.Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    46. Gráfico nº 46.Suministros de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

4.1.2.Control extensivo

   
  • O control extensivo ten por finalidade a detección e corrección de erros e incumprimentos menos complexos.Diríxese, partindo da información de que dispón a Axencia Tributaria, a verificar, con carácter xeral, todas as obrigas tributarias consideradas individualmente.Baséase, fundamentalmente, en procesos informáticos e en controis de tipo documental (sen revisión da contabilidade mercantil do contribuínte), realizados normalmente nas propias oficinas.

    O control extensivo realízase polos órganos de Xestión Tributaria;pola Dependencia de Asistencia e Servizos Tributarios respecto dos contribuíntes adscritos á Delegación Central de Grandes Contribuíntes (DCGC);polas Unidades de Xestión de Grandes Empresas, dependentes da área de Inspección Financeira e Tributaria, respecto dos contribuíntes sobre os que se exerzan as súas competencias (entre outros, aqueles sobre os que a DCGC non exerza a súa competencia pero cuxo volume de operacións supere a cifra de 6,01 millóns de euros durante o ano natural inmediatamente anterior);e polos órganos de Alfándegas e Impostos Especiais en relación aos tributos de comercio exterior e Impostos Especiais.

    Imposto sobre a renda das persoas físicas

    As actuacións de control extensivo sobre este imposto, en 2016, centráronse fundamentalmente nas declaracións de IRPF do exercicio 2014.Os resultados obtidos reflíctense no seguinte  cadro do Anexo:

  • Cadro nº 21.Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (Anexo)
  • Ademais, iniciouse a campaña de control do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2015, que se estenderá durante 2017 e cuxos datos se ofrecerán na Memoria da Axencia Tributaria do devandito ano.

    Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Valor Engadido

    En 2016, as actuacións de control extensivo realizadas en relación co Imposto sobre Sociedades e o Imposto sobre o Valor Engadido centráronse basicamente nas declaracións do exercicio 2014, tanto de grandes empresas coma do resto de obrigados.

    Respecto ao Imposto sobre Sociedades do exercicio 2014, practicáronse 38.491 liquidacións, por un importe global de 306,858 millóns de euros.Polo que respecta ao Imposto sobre o Valor Engadido correspondente ao exercicio 2014, efectuáronse 124.571 liquidacións provisionais por un importe global de 1.506,401 millóns de euros.Estas cifras inclúen os resultados das actuacións de control que teñen como consecuencia as liquidacións de contraído previo, as minoracións de devolucións e compensacións, así como as de bases impoñibles negativas.

    Finalmente, polo que respecta aos contribuíntes adscritos ao rexistro de devolucións mensuais de IVE, as liquidacións provisionais relativas ao exercicio 2015, iniciadas nese mesmo exercicio e finalizadas no ano 2016, ascenderon a 12.611, cun importe total de 246,9 millóns de euros.

    Actuacións sobre contribuíntes en Módulos

    No caso de contribuíntes sometidos ao réxime de estimación obxectiva, os resultados das actuacións de control tradúcense na incoación de actas de inspección e na emisión de liquidacións provisionais Los principais datos sinálanse no seguinte cadro do Anexo:

  • Cadro nº 22.Resultados no réxime de Módulos (Anexo)
  • Comprobación de declaracións periódicas

    Partindo do censo de empresarios, profesionais e retedores realízase un control automatizado do cumprimento das obrigas de presentación de autoliquidacións periódicas (do Imposto sobre o Valor Engadido e das retencións e dos pagamentos fraccionados).

    Durante 2016 emitíronse un total de 613.914 cartas e requirimentos, atendendo, ademais, 32.128 tramites de audiencia e xerándose en total 37.624 autoliquidacións presentadas por un importe de 32,3 millóns de euros.

    Tamén se realizaron 30.142 liquidacións por pagamentos fraccionados de IRPF, Imposto sobre Sociedades e réxime simplificado de IVE, por un importe de 28,3 millóns de euros.

    Control nas Alfándegas

    Hoxe a actuación das Alfándegas, á parte de asegurar a máxima axilidade posible no comercio internacional, oriéntase á realización de controis encamiñados á protección dos intereses financeiros da UE e dos seus Estados Membros, así como á protección e seguridade de todos os cidadáns da Unión.

    As actuacións orientadas a combater a fraude en tributos afectan dous grandes ámbitos:

    • No ámbito da Unión Europea, os relacionados cos recursos propios:dereitos aduaneiros, dereitos agrícolas e cotizacións do azucre.
    • No ámbito interno, os que afectan os impostos indirectos:Imposto sobre o Valor Engadido, Impostos Especiais e os impostos ambientais.

    De igual forma, as alfándegas tamén levan a cabo actuacións encamiñadas a combater actividades ilícitas que transcenden o ámbito fiscal como son, entre outros, os controis sanitarios, os que inciden sobre o control da calidade dos produtos garantindo a seguridade do consumidor, os que teñen por obxecto a protección da propiedade intelectual, o medio ou o patrimonio cultural, o control dos intercambios comerciais con material de defensa e dobre uso, produtos químicos, substancias que poidan ser empregadas como precursores de estupefacientes e substancias psicotrópicas, así como o control da violación de embargos comerciais impostos pola UE e Nacións Unidas, ou controis de especies de fauna e flora protexidas polo Convenio CITES.Durante o ano 2016 estableceuse un novo tipo de control encamiñado a solucionar o problema da talla ilegal e o comercio asociado a esa práctica para conseguir unha xestión forestal sostible:é o control das licenzas FLEGT establecido polo Regulamento (CE) nº 2173/2005 do Consello, do 20 de decembro de 2005.

    Como exemplo dos resultados destes controis, no de especies protexidas (Convenio CITES):durante o ano 2016 interviñéronse 563 unidades e 39.000 gramos (angulas) de animais vivos pertencentes a especies protexidas.No ámbito da defensa da propiedade intelectual, en 2016, entre outros resultados, practicáronse 3.793 retencións de expedicións de mercadoría por presunta vulneración de dereitos de propiedade intelectual.

    O control tributario ten por obxecto verificar a correcta declaración dos elementos determinantes da débeda aduaneira e fiscal, no momento do despacho aduaneiro ou en revisión posterior:

    • Identificación da mercadoría obxecto da declaración aduaneira e a súa correcta clasificación arancelaria.
    • Verificación da orixe da mercadoría e dos documentos acreditativos deste.
    • Comprobación das bases impoñibles declaradas.

    O control extrafiscal supón un control documental baseado na verificación dos certificados e autorizacións expedidos polos organismos competentes ou un control físico para constatar que a mercadoría presentada a despacho coincide coa declarada.

    Independentemente do procedemento de declaración empregado (normal ou simplificado) poder identificar o comercio ilexítimo e, polo tanto, de baixo risco, permite ás autoridades aduaneiras centrar os recursos limitados naqueles operadores que supoñen un risco maior, facilitando o comercio lexítimo.

    Neste contexto, creouse a figura do operador económico autorizado (OEA), operador de confianza que, tras cumprir unha serie de requisitos, se poderá beneficiar de simplificacións aduaneiras e facilitacións de seguridade.Actualmente, na UE hai máis de 11.000 empresas certificadas e asináronse acordos de recoñecemento mutuo internacional con algúns países, o que non só fortalece a seguridade de toda a cadea loxística, senón que tamén facilita o comercio.Ademais, consolídase a escala internacional o enfoque adoptado pola Organización Mundial de Alfándegas e dá resposta ao desexo da comunidade empresarial de evitar a proliferación de requisitos e de homologar os procedementos de protección nas alfándegas.A UE adoptou acordos de recoñecemento mutuo do réxime de Operador Económico Autorizado con Xapón, Estados Unidos, Suíza, Noruega e coa República Popular China.

    España conta con 749 destes Operadores, despois de conceder esta condición en 2016 a 41 novos operadores.

    Ademais, durante o ano 2016 escaneáronse un total de 32.816 colectores, tanto de importación coma de exportación, para comprobar que a carga declarada coincidía coa imaxe radiográfica obtida do interior do colector e comprobando a posible existencia de dobres fondos ou compartimentos ocultos.Tamén se continuou co control radiolóxico destes, ao obxecto de detectar posibles tráficos ilícitos de materiais nucleares e radiactivos, así como mercadorías contaminadas.

    Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos das mercadorías en Alfándegas:

  • Cadro nº 23.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas (Anexo)
  • Intervención e xestión de Impostos Especiais

    As actuacións de intervención de Impostos Especiais caracterízanse por implicar tanto controis previos como simultáneos ao momento de realización do feito impoñible.Iso vén motivado porque nestes casos conflúen, xunto a elevados tipos impositivos, supostos de exencións, non suxeicións e bonificacións tributarias en función do destino, con bases impoñibles non monetarias.No desenvolvemento da súa función, os interventores levantan actas de carácter previo para regularizar a situación tributaria dos suxeitos pasivos que comproban.O carácter previo destas actas vén motivado, entre outras circunstancias, polo feito de que a comprobación contable se limita aos rexistros esixidos pola Lei e o Regulamento de Impostos Especiais.

    Os datos correspondentes aos exercicios 2015 e 2016 ofrécense no seguinte cadro do Anexo:

  • Cadro nº 24.Actividade interventora (Anexo)