Memoria 2014

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
  2. 2.INFORMACIÓN INSTITUCIONAL
    1. 2.1.Funciones
    2. 2.2.Plantilla y presupuesto
    3. 2.3.Organización
    4. 2.4.Agencia Tributaria electrónica
    5. 2.5.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  3. 3.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 3.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 3.2.Recaudación tributaria líquida
      1. 3.2.1.Impacto de cambios normativos
      2. 3.2.2.Evolución de ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
      3. 3.2.3.Evolución de ingresos por Imposto sobre Sociedades
      4. 3.2.4.Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido
      5. 3.2/5.Evolución de ingresos por Impostos Especiais
    3. 3.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 3.3.2.Resultados inducidos polas actuacións de control
  4. 4.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2014
    1. 4.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 4.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 4.1.2.Control extensivo
      3. 4.1.3.Fase recadatoria
      4. 4.1.4.Colaboración da Axencia Tributaria cos órganos xurisdicionais
      5. 4.1.5.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
    2. 4.2.Servicios al contribuyente
      1. 4.2.1.Programas de asistencia xenéricos
      2. 4.2.2.Campaña de Renta
      3. 4.2.3.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      4. 4.2.4.Plan de asistencia a persoas con minusvalidez
      5. 4.2.5.Programa de Educación Cívico-Tributaria
      6. 4.2.6.Campañas institucionais
    3. 4.3.Fomento da prestación de servizos por medios electrónicos
      1. 4.3.1.Rexistro electrónico xeral
      2. 4.3.2.Presentación telemática de declaracións tributarias
      3. 4.3.3.Identificación, autenticación e firma.Cl@ve PIN
      4. 4.3.4.Notificacións electrónicas
      5. 4.3.5.Outras medidas para o fomento da Administración electrónica
      6. 4.3.6.Redes sociais:YouTube
    4. 4.4.Intercambio e cesión de información
      1. 4.4.1.Cesión de información
      2. 4.4.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.4.3.Intercambio de información internacional
    5. 4.5.Servizo de Auditoría Interna
      1. 4.5.1.Control interno
      2. 4.5.2.Incompatibilidades e investigación de condutas
      3. 4.5.3.Seguridade da Información.Control de accesos
  5. 5.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 5.1.Foro de Grandes Empresas e Código de Boas Prácticas Tributarias
    2. 5.2.Colaboración social
  6. ANEXO:CADROS E GRÁFICOS
    1. Cadro nº 1.Recadación tributaria
    2. Cadro nº 2.Principais declaracións xestionadas
    3. Cadro nº 3.Censo de obrigados tributarios
    4. Cadro nº 4.Equipo total
    5. Gráfico nº 5.Distribución entre servizos centrais e servizos territoriais 2013-2014
    6. Gráfico nº 6.Distribución por áreas 2013-2014
    7. Gráfico nº 7.Distribución por subgrupos 2013-2014
    8. Gráfico nº 8.Distribución por sexos 2013-2014
    9. Cadro nº 9.Índice de desempeño
    10. Cadro nº 10.Distribución do gasto por capítulos.Comparativa 2014-2015
    11. Gráfico nº 11.Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria
    12. Cadro nº 12.Quejas y sugerencias.Comparativa 2013-2014
    13. Cadro nº 13.Recadación tributaria bruta total
    14. Cadro nº 14.Recadación tributaria líquida total
    15. Gráfico nº 15.Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
    16. Gráfico nº 16.Evolución dos ingresos tributarios e da base impoñible agregada
    17. Cadro nº 17.axustes por impactos de cambios normativos
    18. Cadro nº 18.Índice de eficiencia
    19. Cadro nº 19.Delitos fiscais
    20. Cadro nº 20.Control da fraude tributaria e aduaneira:principais magnitudes
    21. Cadro nº 21.Actuaciones de lucha contra el contrabando
    22. Cadro nº 22.Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
    23. Cadro nº 23.Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
    24. Cadro nº 24.Resultados no réxime de Módulos
    25. Cadro nº 25.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas
    26. Cadro nº 26.Actividade interventora
    27. Cadro nº 27.Evolución da débeda pendente
    28. Cadro nº 28.Desagregación da débeda pendente
    29. Cadro nº 29.Datos relativos a débedas en executiva
    30. Gráfico nº 30.Evolución do cargo en período executivo (2004-2014)
    31. Cadro nº 31.Medidas preventivas e derivacións de responsabilidade
    32. Cadro nº 32.Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial durante o proceso penal
    33. Cadro nº 33.Medidas preventivas (arts.81.5 e 81.8 LGT)
    34. Cadro nº 34.Subministración de información a órganos xurisdicionais
    35. Gráfico nº 35.Evolución de los accesos al Programa Informa
    36. Gráfico nº 36.Evolución de las llamadas atendidas por el teléfono de Información Tributaria Básica
    37. Gráfico nº 37.Evolución del servicio de envío de datos fiscales y del borrador de declaración
    38. Gráfico nº 38.Servizo de envío de datos fiscais e do borrador de declaración.Comparativa 2013-2014
    39. Cadro nº 39.Renda 2013:Resultados obtidos
    40. Gráfico nº 40.Solicitudes de aprazamentos en número.Distribución porcentual por tramos de importe
    41. Gráfico nº 41.Solicitudes de aprazamentos en importe.Distribución porcentual por tramos de importe
    42. Cadro nº 42.Acordos de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento
    43. Cadro nº 43.Garantías nos aprazamentos concedidos
    44. Gráfico nº 44.Evolución do número de solicitudes de aprazamentos
    45. Gráfico nº 45.Evolución del importe de aplazamientos solicitados
    46. Cadro nº 46.Accesibilidade aos edificios da Axencia Tributaria
    47. Gráfico nº 47.Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    48. Gráfico nº 48.Suministros de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

4.1.4.Colaboración da Axencia Tributaria cos órganos xurisdicionais

   
  • A Axencia Tributaria desenvolve o deber de colaboración cos órganos xurisdicionais, establecido nos artigos 118 da Constitución Española e 17.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, a través de diversas funcións, entre as que destacan o auxilio xudicial e a peritaxe en procesos de delito contra a Facenda Pública, a subministración de información tributaria, telemática e individualizada, aos órganos xurisdicionais e ao Ministerio Fiscal e o exercicio  da función de policía xudicial  polos funcionarios de Vixilancia Aduaneira.

    Nese sentido, a colaboración instruméntase, basicamente, a través das seguintes vías:

    Unidade de apoio á Fiscalía Anticorrupción

    A Axencia Tributaria dispón dunha Unidade de apoio á Fiscalía Especial contra a Corrupción e a Criminalidade Organizada (Fiscalía Anticorrupción), cuxa función consiste en realizar os informes, auditorías e actuacións que lle requira o Fiscal Xefe da Fiscalía Especial ou o Fiscal Xeral do Estado.Esta Unidade depende orgánica e funcionalmente da Dirección Xeral da Axencia Tributaria e está dotada e financiada pola Axencia.

    Colaboración no ámbito dos delitos contra a Facenda Pública

    • Actuacións anteriores á iniciación do proceso penal

      As actuacións de comprobación que desenvolve a Axencia Tributaria a través do procedemento de inspección poden poñer de manifesto feitos susceptibles de ser constitutivos dun delito contra a Facenda Pública.En tal caso, unha vez ultimada a actuación da Axencia Tributaria, dá lugar á elaboración un informe detallado polo actuario e á presentación das correspondentes denuncias e querelas.

      Adicionalmente, a Axencia Tributaria tamén presenta denuncias pola existencia de indicios de fraude fiscal tras a realización de actuacións de investigación polos órganos de Inspección, sen que se iniciase un procedemento de comprobación.

      En 2014, tramitáronse 391 expedientes de denuncia por delito fiscal referidos a unha cota de 305 millóns de euros e 109 expedientes por branqueo de capitais referidos a unha cota de 486 millóns de euros.

    • Actuacións durante o proceso penal

      Durante o proceso penal, son numerosas as solicitudes de colaboración da Axencia Tributaria por parte dos órganos xurisdicionais, ben a través dun auxilio xudicial, ben a través de peritaxes, en causas por delitos contra a Facenda Pública, materia na que os seus funcionarios son plenamente competentes.

      No seguinte cadro do Anexo reflíctense os datos relativos ao número de funcionarios que colaboraron no auxilio xudicial.

  • Cadro nº 32.Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial durante o proceso penal (Anexo)
  • Ademais, os actuarios que realizaron informes de delito fiscal, base das denuncias presentadas pola Axencia Tributaria, participan no proceso penal, ratificando os devanditos informes, ben na fase de instrución, ben en xuízo oral, na súa condición de testemuñas.

    • Actuacións para asegurar as posibles responsabilidades pecuniarias que se declaren no proceso penal

      Tras as modificacións introducidas na Lei Xeral Tributaria (en diante, LGT) pola Lei 7/2012, a Axencia Tributaria pode adoptar medidas preventivas para garantir as posibles responsabilidades que se declaren no proceso xudicial, tanto antes da iniciación do proceso (artigo 81.5 LGT) como despois de formulada a denuncia por delito contra a Facenda Pública (artigo 81.8 LGT), en cuxo caso deben ser sometidas ao xuíz penal.

      As medidas preventivas adoptadas nos anos 2013 e 2014 no marco das previsións dos artigos 81.5 e 81.8 LGT póñense de manifesto no seguinte cadro do Anexo:

  • Cadro nº 33.Medidas preventivas (arts.81.5 e 81.8 LGT)
  • Ademais, os órganos de recadación da Axencia Tributaria manteñen a competencia para investigar, baixo a supervisión da autoridade xudicial, o patrimonio que poida resultar afecto ao pagamento das contías pecuniarias asociadas ao delito (disposición adicional 19ª LGT).

    • Actuacións na execución de sentenzas penais

      De conformidade co disposto na disposición adicional 10ª da Lei Xeral Tributaria, e no artigo 305.7 do Código Penal, tras a reforma operada pola Lei Orgánica 7/2012, a Axencia Tributaria auxilia os xuíces e tribunais na execución das sentenzas condenatorias por delito contra a Facenda Pública, esixindo polo procedemento de prema a pena de multa e a responsabilidade civil declarada en sentenza.

    Colaboración noutros procesos xudiciais.

    Os funcionarios da Axencia Tributaria realizan outros labores de colaboración nos procesos xudiciais, como as de interventores, arquitectos taxadores, administradores xudiciais, liquidadores, administradores concursais ou síndicos.

    Subministración de información

    O Convenio de colaboración, do 7 de setembro de 2010, entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), o Ministerio de Xustiza e a Axencia Tributaria, en materia de cesión de información tributaria pola Axencia aos Xulgados e Tribunais, permite aos órganos xurisdicionais acceder directamente ás bases de datos da Axencia Tributaria, mediante conexión telemática (web service), a través do Punto Neutro Xudicial que xestiona o CGPJ no marco definido pola Axencia Tributaria.Ademais, para aqueles supostos non incluídos no acordo, tramítanse solicitudes individuais de información.

    En relación á subministración de información, no seguinte cadro do Anexo desenvólvense os datos:

  • Cadro nº 34.Subministración de información a Órganos Xurisdicionais (Anexo)
  • Durante 2014 tramitáronse 18.209 solicitudes xudiciais de información tributaria individual, case 72 informes por día laboral, dato que debe poñerse en relación co incremento dos accesos directos polos órganos xurisdicionais mediante conexión telemática ao Punto Neutro Xudicial.