Memoria 2013

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
    1. 1.1.Misión de la Agencia Tributaria
    2. 1.2.Funciones
    3. 1.3.Plantilla y presupuesto
    4. 1.4.Organización
    5. 1.5.Agencia Tributaria electrónica
      1. 1.5/1.Portais web
      2. 1.5/2.Fomento da prestación de servizos personalizados por medios telemáticos:incremento do uso da Sede electrónica
      3. 1.5/3.Outros avances en administración electrónica
    6. 1.6.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  2. 2.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 2.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 2.2.Recaudación tributaria líquida
    3. 2.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 2.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 2.3.2.Resultados inducidos polas actuacións de control
  3. 3.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2013
    1. 3.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 3.1.2.Control extensivo
      3. 3.1.3.Gestión recaudatoria ejecutiva
      4. 3.1.4.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
      5. 3.1.5.Peritaxe e auxilio xudicial
    2. 3.2.Servicios al contribuyente
      1. 3.2.1.Información tributaria
      2. 3.2.2 Programas informáticos de axuda e formularios para a confección de declaracións
      3. 3.2.3.Realización de trámites por teléfono
      4. 3.2.4.Cita previa
      5. 3.2/5.Registro de apoderamientos
      6. 3.2.6.Obtención de certificados
      7. 3.2.7.Campaña de Renta
      8. 3.2.8.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      9. 3.2.9.Colectivos que precisan de atención especial:personas con discapacidad
      10. 03/02/2010.Plan de Educación Cívico-Tributaria
  4. 4.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 4.1.Convenios de colaboración para a cesión ou intercambio de información con outras administracións públicas
      1. 4.1.1.Cesión de información
      2. 4.1.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.1.3.Intercambio de información internacional
    2. 4.2.Foro de Grandes Empresas
    3. 4.3.Colaboración social
  5. 5.ANEXO ESTADÍSTICO
    1. 5.1.Plantilla
      1. Distribución entre servizos centrais e servizos territoriais 2012-2013
      2. Distribución por áreas 2012-2013
      3. Distribución por subgrupos 2012-2013
      4. Distribución por sexos 2012-2013
    2. 5.2.Agencia Tributaria electrónica
      1. Evolución das visitas aos portais web da Axencia Tributaria
      2. Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    3. 5.3.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
      1. Queixas e suxestións (comparativa 2012-2013)
    4. 5.4.Recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
      1. Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
      2. Evolución de los ingresos tributarios y base imponible agregada
    5. 5.5.Actuaciones de control del fraude tributario y aduanero
      1. Actuaciones de lucha contra el contrabando
      2. Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
      3. Evolución do cargo en período executivo (2004-2013)
      4. Desagregación do cargo e da xestión de 2013 por orixe
    6. 5.6.Servicios al contribuyente
      1. Evolución de los accesos al Programa Informa
      2. Evolución de las llamadas atendidas por el teléfono de Información Tributaria Básica
      3. Evolución del servicio de envío de datos fiscales y del borrador de declaración
      4. Evolución do número de solicitudes de adiamento
      5. Evolución del importe de aplazamientos solicitados
    7. 5.7 Convenios de colaboración para a cesión ou intercambio de información con outras administracións públicas
      1. Subministracións de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

3.1.2.Control extensivo

   
  • O control extensivo ten por finalidade a detección e corrección de erros e incumprimentos menos complexos.Diríxese, partindo da información de que dispón a Axencia Tributaria, a verificar con carácter xeral todas as obrigas tributarias individualmente consideradas. Baséase fundamentalmente en procesos informáticos e en controis de tipo documental, sen revisión da contabilidade mercantil do contribuínte, realizados normalmente nas propias oficinas.

    O control extensivo realízase polos órganos de Xestión Tributaria; polas Unidades de Xestión de Grandes Empresas, dependentes da área de Inspección Financeira e Tributaria, respecto dos contribuíntes cuxo volume de operacións supere a cifra de 6,01 millóns de euros durante o ano natural inmediatamente anterior;e polos órganos de Alfándegas e Impostos Especiais en relación aos tributos de comercio exterior e Impostos Especiais.

    Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas

    En 2013, as actuacións de control extensivo sobre este imposto centráronse, fundamentalmente, no exercicio 2011.Os resultados obtidos reflíctense  no seguinte cadro:

    Número de liquidacións

    499.683

    % variación ano anterior

    -5,4

    Importe (*)

    520,1

    % variación ano anterior

    -6,6

    (*)Importe en millóns de  euros

    Ademais, iniciouse a campaña de control do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2012, que se estenderá durante 2014 e cuxos datos se ofrecerán na Memoria da Axencia Tributaria do dito ano.

    Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Valor Engadido

    En 2013, as actuacións de control extensivo realizadas en relación co Imposto sobre Sociedades e o Imposto sobre o Valor Engadido, tanto referido a grandes empresas como ao resto de obrigados tributarios, alcanzaron, respectivamente, uns resultados liquidatorios de 304,444 e de 2.072,28 millóns de euros.O número de liquidacións ascendeu a 39.112 no Imposto sobre Sociedades e 108.542 no Imposto sobre o Valor Engadido.

    Esta cifra inclúe os resultados das actuacións de control que teñen como consecuencia as liquidacións de contraído previo, as minoracións de devolucións e compensacións, así como as de bases impoñibles negativas.

    Actuacións sobre contribuíntes en Módulos

    No caso de contribuíntes sometidos ao réxime de estimación obxectiva, os resultados das actuacións de control tradúcense na incoación de actas de inspección e na emisión de liquidacións provisionais.

    Número

    Importe (*)

    Liquidacións provisionais

    16.100

    4,6

    Actas de Inspección

    27.084

    34,0

    TOTALES

    43.184

    38,6

    (*)Importe en millóns de euros

     Comprobación de declaracións periódicas

    Partindo do censo de empresarios, profesionais e retedores realízase un control automatizado do cumprimento das obrigas de presentación de autoliquidacións periódicas (do Imposto sobre o Valor Engadido, das retencións e dos pagamentos fraccionados).

    Durante 2013 emitíronse  un total de 711.405 cartas e requirimentos, atendendo, ademais, 38.326 tramites de audiencia, xerando en total 29.233 autoliquidacións presentadas por un importe de 21,6 millóns de euros.

    Tamén se realizaron 35.084 liquidacións por pagamentos fraccionados de IRPF, Imposto sobre Sociedades e réxime simplificado de IVE, por un importe de 29,1 millóns de euros.

    Control nas Alfándegas

    Tras a aprobación dos Regulamentos (CE) 648/2005 e 1875/2006 de modificación do Código Alfandegueiro Comunitario e as súas disposicións de aplicación, a finalidade principal do control aduaneiro nestes momentos, xunto coa correcta liquidación dos dereitos arancelarios e demais tributos que gravan o comercio exterior, é garantir a protección dos consumidores e a seguridade das fronteiras impedindo a entrada de mercadorías de ilícito comercio ou potencialmente perigosas para a saúde e integridade dos cidadáns ou o medio.

    Para iso, estanse potenciando as cadeas seguras seguras, isto é, a circulación das mercadorías a través de canles seguras, coa participación de Operadores Económicos Autorizados.

    En España, en 2013, concedeuse esta condición a 58 novos Operadores, contando cun total de 551.

    En concreto, neste ano, realizáronse os seguintes controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Alfándegas:

     

    IMPORTACIÓN

    EXPORTACIÓN

    DOCUMENTAL

    FÍSICO

    DOCUMENTAL

    FÍSICO

    PROTECCIÓN (sanidade exterior e sanidade animal, medidas fitosanitarias)

    294.504

    218

    200.032

    253

    CITES (Convenio sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres)

    3.725

    146

    46.067

    324

    RESIDUOS/OZONO (produtos que esgotan ou destrúen a capa de ozono)

    0

    343

    29.869

    193

    BENS CULTURAIS

    0

    0

    2.740

    302

    CALIDADE E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

    140.978

    232

    0

    0

    SEGURIDADE PROHIBICIÓNS/EMBARGOS (medidas restritivas á importación ou exportación)

    14.035

    19.887

    120.742

    424

    PRECURSORES E PRODUTOS QUÍMICOS

    10.419

    6

    40.266

    0

    TOTALES

    463.661

    20.832

    439.716

    1.496

     Froito destes controis, entre outros resultados, escaneáronse un total de 25.140 colectores, practicado 2.335 expedientes de retención de marcas e intervido 607 animais vivos pertencentes a especies protexidas (fundamentalmente réptiles e aves).

    Intervención e xestión de Impostos Especiais

    O control da tributación dos Impostos Especiais de Fabricación realízase, en primeiro lugar, mediante o desenvolvemento de actuacións de intervención de Impostos Especiais consistentes no control das actividades de fabricación, transformación, manipulación, almacenamento ou venda de produtos obxecto dos Impostos Especiais de Fabricación, así como dos establecementos onde estas se realizan.

    Previr a fraude nas actividades económicas suxeitas aos Impostos Especiais de Fabricación esixe o desenvolvemento de actuacións de intervención permanente consistentes en controis tanto previos coma simultáneos ao momento de realización do feito impoñible.

    A singularidade destas figuras impositivas con características tales como bases impoñibles non monetarias, elevados tipos impositivos, supostos de exencións, non suxeicións e bonificacións tributarias en función do destino, obrigan ao desenvolvemento de controis preventivos.

    A actividade interventora desenvolvida durante os exercicios 2012 e 2013 reflíctese no seguinte cadro:

    ACTIVIDADE INTERVENTORA

    2012

    2013

    % Variación
    2013/2012

    Nº Actuacións

    150.551

    153.021

    1,64%

    Dilixencias

    9.573

    9.898

    3,39%

    Actas formuladas

    170

    138

    -18,82%

    Expedientes Sancionadores

    425

    566

    33,18%

    TOTAL

    160.719

    163.623

    1,81%