Memoria 2013

    
 
 
  1. 1.INTRODUCCIÓN
    1. 1.1.Misión de la Agencia Tributaria
    2. 1.2.Funciones
    3. 1.3.Plantilla y presupuesto
    4. 1.4.Organización
    5. 1.5.Agencia Tributaria electrónica
      1. 1.5/1.Portais web
      2. 1.5/2.Fomento da prestación de servizos personalizados por medios telemáticos:incremento do uso da Sede electrónica
      3. 1.5/3.Outros avances en administración electrónica
    6. 1.6.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
  2. 2.RECAUDACIÓN TRIBUTARIA GESTIONADA POR LA AGENCIA TRIBUTARIA
    1. 2.1.Recaudación tributaria bruta
    2. 2.2.Recaudación tributaria líquida
    3. 2.3.Recaudación obtenida de las actuaciones de prevención y control del fraude tributario y aduanero
      1. 2.3.1.Resultados de la prevención y control del fraude tributario y aduanero
      2. 2.3.2.Resultados inducidos polas actuacións de control
  3. 3.PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2013
    1. 3.1.Control del fraude tributario y aduanero
      1. 3.1.1.Control selectivo e investigación
      2. 3.1.2.Control extensivo
      3. 3.1.3.Gestión recaudatoria ejecutiva
      4. 3.1.4.Colaboración con las Administraciones tributarias de las Comunidades Autónomas de régimen común para el control de los tributos estatales cedidos
      5. 3.1.5.Peritaxe e auxilio xudicial
    2. 3.2.Servicios al contribuyente
      1. 3.2.1.Información tributaria
      2. 3.2.2 Programas informáticos de axuda e formularios para a confección de declaracións
      3. 3.2.3.Realización de trámites por teléfono
      4. 3.2.4.Cita previa
      5. 3.2/5.Registro de apoderamientos
      6. 3.2.6.Obtención de certificados
      7. 3.2.7.Campaña de Renta
      8. 3.2.8.Facilidades para el pago de las deudas tributarias
      9. 3.2.9.Colectivos que precisan de atención especial:personas con discapacidad
      10. 03/02/2010.Plan de Educación Cívico-Tributaria
  4. 4.ALIANZAS EXTERNAS
    1. 4.1.Convenios de colaboración para a cesión ou intercambio de información con outras administracións públicas
      1. 4.1.1.Cesión de información
      2. 4.1.2.Intercambio de información con otras Administraciones públicas
      3. 4.1.3.Intercambio de información internacional
    2. 4.2.Foro de Grandes Empresas
    3. 4.3.Colaboración social
  5. 5.ANEXO ESTADÍSTICO
    1. 5.1.Plantilla
      1. Distribución entre servizos centrais e servizos territoriais 2012-2013
      2. Distribución por áreas 2012-2013
      3. Distribución por subgrupos 2012-2013
      4. Distribución por sexos 2012-2013
    2. 5.2.Agencia Tributaria electrónica
      1. Evolución das visitas aos portais web da Axencia Tributaria
      2. Evolución de las declaraciones del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas presentadas por Internet
    3. 5.3.Valoración de la Agencia Tributaria por los ciudadanos
      1. Queixas e suxestións (comparativa 2012-2013)
    4. 5.4.Recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
      1. Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
      2. Evolución de los ingresos tributarios y base imponible agregada
    5. 5.5.Actuaciones de control del fraude tributario y aduanero
      1. Actuaciones de lucha contra el contrabando
      2. Principales actuaciones del Servicio de Vigilancia Aduanera
      3. Evolución do cargo en período executivo (2004-2013)
      4. Desagregación do cargo e da xestión de 2013 por orixe
    6. 5.6.Servicios al contribuyente
      1. Evolución de los accesos al Programa Informa
      2. Evolución de las llamadas atendidas por el teléfono de Información Tributaria Básica
      3. Evolución del servicio de envío de datos fiscales y del borrador de declaración
      4. Evolución do número de solicitudes de adiamento
      5. Evolución del importe de aplazamientos solicitados
    7. 5.7 Convenios de colaboración para a cesión ou intercambio de información con outras administracións públicas
      1. Subministracións de información.Administraciones públicas

Imprimir

A impresión pode tardar varios minutos dependendo da cantidade de información.

Seleccione a información que desexe imprimir:

Pode cancelar a impresión en calquera momento.

Espere mentres se recompilan todas as páxinas que forman o documento.

Recompilando seccións

Detívose a recompilación de páxinas.Non foi posible completar a vista de impresión.

Cancelar

Vista previa

Imprimir

Continuar

Completado

Recompilando:

2.2.Recadación tributaria líquida

   
  • A recadación tributaria líquida resulta de minorar da recadación tributaria bruta as devolucións efectivamente pagadas no exercicio e os axustes cos territorios forais.Responde, así mesmo, a un criterio de caixa, a diferenza doutros conceptos como os dereitos recoñecidos ou os impostos para os efectos de Contabilidade Nacional.

    No ano 2013 recadáronse 168.847 millóns de euros, o que supón un incremento dun 0,2 por cento respecto a 2012 (281 millóns).

    O resultado de 2013 está moi condicionado polo alto importe das devolucións realizadas, que creceron un 15,1 por cento e compensan gran parte do incremento dos ingresos brutos.Por iso, para ter unha idea da evolución subxacente da recadación hai que acudir aos ingresos (en termos homoxéneos), que cancelan o efecto dos distintos calendarios de devolución en 2012 e 2013, ademais de eliminar o impacto de medidas normativas transitorias (como a Declaración Tributaria Especial ou o Gravame de revalorización de activos).Estes ingresos homoxéneos creceron en 2013 un 3,8 por cento (1,9 por cento en 2012) na liña dunha tendencia estable ao longo do ano.

    Recadación tributaria líquida total (millóns de euros)

    Concepto

    Presuposto 2013
    (1)

    Xaneiro-Decembro

    Recadación

    Diferenza con Presuposto

    Diferenza con recadación

    2013
    (2)

    2012
    (3)

    Diferenza
    (4)=(2)-(1)

    % cumprimento
    (5)=(2)/(1)

    Diferenza
    (6)=(2)-(3)

    %
    (7)=(6)/(3)

    Imposto sobre a renda das persoas físicas

    74.215

    69.951

    70.619

    -4.264

    94,3

    -667

    -0,9

    Imposto sobre sociedades

    19.012

    19.945

    21.435

    933

    104,9

    -1.490

    -7,0

    Imposto sobre a renda de non residentes

    2.248

    1.416

    1.708

    -832

    63,0

    -292

    -17,1

    Impostos Ambientais

    1.543

    1.570

    0

    27

    101,7

    1.570

    ---

    Declaración tributaria especial

    0

    0

    1.196

    0

    ---

    -1.196

    ---

    Resto do Capítulo I

    133

    167

    123

    34

    125,3

    43

    35,1

    Total Capítulo I

    97.151

    93.050

    95.081

    -4.101

    95,8

    -2.031

    -2,1

    Imposto sobre o Valor Engadido

    54.656

    51.931

    50.464

    -2.725

    95,0

    1.467

    2,9

    Impostos especiais

    21.096

    19.073

    18.209

    -2.023

    90,4

    864

    4,7

    Tráfico Exterior

    1.378

    1.311

    1.429

    -67

    95,1

    -119

    -8,3

    Imposto sobre Primas de Seguro

    1.391

    1.325

    1.378

    -66

    95,3

    -53

    -3,8

    Imposto sobre Actividades do Xogo.Estado

    100

    74

    101

    -26

    74,5

    -27

    -26,4

    Resto do Capítulo II

    16

    11

    12

    -5

    69,8

    -1

    -8,3

    Total Capítulo II

    78.637

    73.725

    71.594

    -4.912

    93,8

    2.132

    3,0

    Total Capítulo III

    2.072

    2.073

    1.892

    1

    100,0

    181

    9,5

    TOTAL INGRESOS XESTIONADOS POLA AEAT

    177.860

    168.847

    168.567

    -9.013

    94,9

    281

    0,2

  • Anexo:Evolución de la recaudación tributaria gestionada por la Agencia Tributaria
  • A combinación de ingresos brutos á alza e elevadas devolucións foi un trazo distintivo en boa parte do ano e, especialmente, nos últimos meses nos que se acentuou o crecemento dos ingresos brutos.O principal impulso destes ingresos foi a aplicación das medidas normativas que supuxeron, en 2013, un incremento dos ingresos próximo aos 11.900 millóns (cadro "Axustes por impactos de cambios normativos"), un 7 por cento dos ingresos netos do ano.Pero, ademais das medidas normativas, a evolución dos ingresos brutos tamén reflicte a menor caída que foron mostrando as bases impoñibles segundo avanzaba o ano.

    As bases impoñibles dos principais impostos creceron, no último trimestre de 2013, por enriba do 4 por cento, a primeira taxa positiva dende mediados de 2010.O ano pechouse cun descenso do 1,8 por cento, taxa un punto superior á do ano anterior.É o sexto ano consecutivo con caídas nas bases impoñibles agregadas dos principais impostos;se ben, esta caída se produce, a diferenza de 2012, cun primeiro semestre con descensos no ámbito do 4 por cento e unha significativa mellora na última parte do ano.O mellor comportamento da segunda metade do exercicio obsérvase en todos os compoñentes:a renda bruta das familias cae menos pola menor perda de emprego e a recuperación da paga extra dos empregados públicos;os beneficios declarados das sociedades presentan taxas positivas dende metade de ano;e o gasto suxeito a IVE, que comezou o ano cunha forte contracción, recupérase na segunda metade deste grazas, principalmente, á favorable evolución do consumo dos fogares.

  • Anexo:Evolución de los ingresos tributarios y base imponible agregada
  • No seguinte cadro detállase o impacto das medidas de consolidación fiscal, valorado en 11.897 millóns de euros.O maior efecto corresponde á suba de tipos do IVE (8.050 millóns).En segundo lugar, sitúase a nova fiscalidade ambiental, cun impacto de 1.570 millóns.En terceiro lugar, o gravame complementario do IRPF que achega 1.381 millóns.Por último, a aplicación das novidades lexislativas no Imposto Especial sobre Hidrocarburos engaden 1.149 millóns máis.

    Axustes por impactos de cambios normativos (millóns de euros)

    2013

    TOTAL

    IRPF

    SOCIEDADES

    IVE

    II.EE.

    OTROS

    TOTAL

    2.209

    -434

    8.050

    1.522

    550

    11.897

    Gravamen complementario

    1.381

    -356

    26

    1.051

    . Retencións traballo

    260

    260

    . Retencións capital

    95

    -356

    -261

    . Retencións non residentes

    26

    26

    . Cota anual

    1.026

    1.026

    Supresión da paga extra nas AA.PP.

    -269

    -269

    Suba das retencións a profesionais

    400

    400

    Eliminación da compensación por vivenda

    430

    430

    Gravame sobre premios de lotarías

    267

    2

    1

    270

    Medidas de 2012 sobre a cota de Sociedades

    -2.786

    -2.786

    Medidas sobre os pagamentos fraccionados de Sociedades

    2.400

    2.400

    Gravame por revalorización de activos

    386

    386

    Aumento de tipos no IVE

    7.438

    7.438

    . Ingresos brutos

    9.305

    9.305

    . Devolucións

    1.867

    1.867

    Aumento do tipo de IVE da vivenda

    612

    612

    Variación dos tipos en tabaco

    177

    177

    Variación dos tipos en alcohol

    13

    13

    Minoración de devolucións en gasóleo profesional

    35

    35

    Hidrocarburos

    1.149

    1.149

    Carbón utilizado na produción eléctrica

    148

    148

    DTE e gravame sobre dividendos

    -80

    -1.196

    -1.276

    Fiscalidade ambiental

    1.570

    1.570

    Taxas xudiciais

    149

    149

    Imposto sobre a renda das persoas físicas

    No que se refire á evolución dos ingresos dos principais tributos, en 2013, os ingresos netos por IRPF diminuíron un 0,9 por cento.Unha vez corrixidos os efectos dos distintos calendarios de devolución en 2012 e 2103, a caída dos ingresos foi tan só un 0,2 por cento e mostran unha clara mellora na segunda parte do ano (no primeiro semestre a caída foi do 3 por cento e no último trimestre rexistrouse un aumento do 3 por cento).Este é o mesmo perfil que mostran as rendas brutas das familias.No conxunto do ano a caída das rendas das familias sitúase no 1,3 por cento.No primeiro semestre foi do 3,1 por cento, e no último trimestre, rexistrouse un aumento do 2,9 por cento grazas, fundamentalmente, a tres factores:a moderación na perda do emprego, a recuperación da paga extra por parte dos empregados públicos e a mellora das rendas do capital.

     Impuesto sobre Sociedades

    O Imposto sobre Sociedades caeu un 7 por cento en 2013.Esta é a figura impositiva onde maior impacto tivo o distinto calendario das devolucións.En termos homoxéneos, os ingresos diminúen catro puntos.A novidade en 2013 é a aparición de taxas positivas nos beneficios declarados polas Grandes Empresas e grupos fiscais no segundo e terceiro pagamento a conta.Hai que recordar que o ano 2012 se pechara cun forte descenso dos resultados, en particular nos grupos fiscais.Parte desa caída estaba provocada polo sector financeiro, en pleno proceso de saneamento.Agora algunhas desas entidades financeiras que en 2012 daban fortes perdas empezaron a declarar beneficios.

    No que se refire á recadación do imposto, destacan o elevado crecemento dos pagamentos fraccionados e o forte descenso na cota diferencial.No primeiro caso, a maior parte do incremento é imputable ás novas medidas fiscais (limitación na deducibilidad dos gastos de amortización e cambio no tratamento das perdas nas empresas participadas).Unha estimación provisional indica que, en ausencia de cambios normativos, a base impoñible de Grandes Empresas e grupos fiscais (que creceu ata o terceiro pagamento a conta un 28,5 por cento) o tería feito 22 puntos menos, e que, os pagamentos, en lugar de aumentar o 26,3 por cento, se terían incrementado arredor do 2,5 por cento.

     Impuesto sobre el Valor Añadido

    Os ingresos por IVE creceron un 2,9 por cento, que se eleva ao 10,1 por cento ao corrixir o calendario de devolucións.O perfil trimestral dos ingresos homoxéneos explica ben cal foi a traxectoria do imposto en 2013, marcada pola suba de tipos de setembro de 2012 e a forte contracción do gasto a comezos de ano.Así, os tres primeiros trimestres tiveron un intenso crecemento dos ingresos como consecuencia da suba de tipos (en media o tipo aumentou por enriba do 20 por cento).No primeiro trimestre o incremento foi moderado, en relación coa marcha posterior, pola caída do gasto a causa do impacto negativo que tiveron neses meses tanto o descenso das rendas das familias coma a propia suba do imposto.Dende ese mínimo do primeiro trimestre o gasto foise recuperando e no cuarto trimestre, que xa se compara cun período cos novos tipos, os ingresos moderaron o seu crecemento aínda que menos do que subiron os novos tipos.Este feito indica unha rápida recuperación do gasto.

     Impuestos Especiales

    A recadación por Impostos Especiais incrementouse en 2013 un 4,7 por cento, cunha execución moi dispar por figuras.De feito, o crecemento prodúcese por dous impostos, Hidrocarburos e Carbón, afectados por cambios normativos (biocarburantes e fiscalidade ambiental) e de xestión (o primeiro inclúe dende este ano o antigo Imposto de Vendas Minoristas de Hidrocarburos).En ausencia destes e outros cambios (tabaco, alcohol) o resultado tería sido un descenso dos ingresos.Non obstante, as bases dalgúns dos impostos foron mellorando no transcurso do ano.No Imposto sobre Hidrocarburos, por exemplo, o consumo de gasolinas e gasóleos mantivo ao longo do ano unha senda alcista, con algunha taxa positiva (setembro) e con práctica estabilidade nos últimos meses do ano.No Imposto sobre a Electricidade tamén se aprecia a mellora nos consumos (con crecemento nos dous últimos meses), aínda que este efecto non se traducise nun aumento dos ingresos, debido á redución das tarifas a metade de ano e á comparación cun período cunha elevada recadación derivada da execución dunha sentenza do Tribunal Supremo.