1.2. Funcións

   
  • Para a aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro, a Axencia Tributaria desprega un conxunto de actuacións entre as que destacan as seguintes:

    • A xestión, inspección e recadación dos impostos cuxa xestión corresponde ao Estado, principalmente, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto de Sociedades, Imposto sobre a Renda de non Residentes, Imposto sobre o Valor Engadido e Impostos Especiais.
    • A recadación de ingresos propios da Unión Europea.
    • A xestión aduaneira e a represión do contrabando, así como a seguridade na cadea loxística.
    • A recadación en vía executiva de ingresos de dereito público da Administración Xeral do Estado e dos Organismos Públicos vinculados ou dependentes dela.
    • A recadación de determinadas débedas de entidades locais e Comunidades Autónomas, cando así se acordase por convenio.
    • As actuacións de asistencia, colaboración e cooperación con outros Estados membros ou países terceiros cos que así se conviñese para a aplicación dos tributos.
    • A colaboración na persecución de determinados delitos, fundamentalmente os delitos contra a Facenda Pública, os delitos de contrabando e de branqueo de capitais.
  • Complementan esta relación os seguintes cadros explicativos:

    Censo de obrigados tributarios
      Censo xeral de obrigados tributarios 52.473.021
      Censo de contribuíntes en módulos 1.544.601
      Censo de empresarios, profesionais e retedores 5.271.371
      Censo de Grandes Empresas 36.001
      Censo de Operadores de Impostos Especiais 82.700
      Censo de Representantes Aduaneiros 1.090
    Principais declaracións xestionadas
      a) IRPF 19.522.674
      b) Imposto sobre Sociedades 1.425.538
      c) IVE 3.418.691
      d) Impostos Especiais 8.359.059

     

    e) Comercio Exterior 11.113.390