Novos produtos e publicacións 2019

  • XANEIRO DE 2019

     

    ESTATÍSTICA DOS DECLARANTES DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS DOS MAIORES MUNICIPIOS POR CÓDIGO POSTAL

    Elaborouse un novo produto estatístico complementario á Estatística dos declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas por municipios, especificamente deseñado para proporcionar un maior detalle da renda bruta media e as magnitudes declaradas a nivel de distrito postal nos maiores municipios de territorio de réxime fiscal común (TRFC).

    Publicarase a estatística para os exercicios 2013, 2014, 2015 e 2016

    Data de publicación:17 de xaneiro de 2019.

     

    MOSTRA ANUAL DE PATRIMONIO DA AXENCIA TRIBUTARIA

    Trátase dunha mostra anual de microdatos anonimizados correspondente ás declaracións do Imposto sobre o Patrimonio, que permitirá aos investigadores realizar avaliacións de políticas tributarias mediante técnicas de microsimulación.

    A mostra ofrece información sobre a riqueza patrimonial das persoas físicas, a súa distribución territorial e os diferentes activos que a compoñen, distinguindo seis tipos de bens e dereitos susceptibles de valoración económica:bens inmobles, bens afectos a actividade económica, bens de capital mobiliario, seguros e rendas, bens suntuarios e outros bens e dereitos de contido económico.

    Distribuiríanse baixo demanda as mostras individuais para os exercicios 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016

    Dispoñibles o día 31 de xaneiro de 2019.

     

    FEBREIRO DE 2019

     

    ESTATÍSTICA DE RENDEMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS DOS EMPRESARIOS PERSOAS FÍSICAS

    Esta publicación contén información das actividades económicas dos empresarios e profesionais individuais (persoas físicas), obtida dos datos consignados nas súas declaracións anuais do Imposto sobre a Renda.

    Esta información permite describir as características máis destacables das pemes españolas sen forma societaria, permitindo a análise por actividade económica, por modalidade de tributación do rendemento e por ámbito xeográfico.

    Publicarase a estatística para os exercicios 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016 así como a evolución do quinquenio 2012-2016.

    Data de publicación 20 de febreiro de 2019.

     

    ANUARIO ESTATÍSTICO

    A demanda que pretende satisfacer este novo produto estatístico a disposición dos usuarios é a obtención dunha forma sinxela de información plurianual e de varios impostos á vez (IRPF, Patrimonio, Sociedades, IVE, Mercado de traballo), o que doutra forma levaría á consulta de estatísticas de varios anos e de varios impostos.

    Esta nova aplicación cambia a filosofía de produción estatística mantida ata agora, xa que se pon a disposición do usuario un catálogo de variables económicas agregadas, e unhas variables de clasificación comúns, sendo unha delas o espazo temporal, e ademais o sector de actividade e clasificación xeográfica por Comunidade Autónoma e / ou provincial.Os datos que se mostrarán, en todo caso, serán datos agrupados sometidos a tratamento de segredo estatístico.

     

    MOSTRA PANEL DE PATRIMONIO DA AXENCIA TRIBUTARIA

    As vantaxes de análise que achegan unha mostra panel e que complementan a información proporcionada por unha mostra anual resúmense en que permite a análise da evolución do imposto, ao seguir os mesmos individuos nun horizonte temporal, neste caso plurianual.

    En resumo, a mostra anual proporciona unha fotografía fixa do imposto nun exercicio concreto, mentres que a mostra panel permite a análise lonxitudinal (no tempo) do imposto para os individuos que presentan declaración en varios exercicios.

    Distribuirase baixo demanda a mostra panel correspondente ao período 2013-2016.

    Dispoñible o día 28 de febreiro de 2019.