Presentación

  • A nova publicación Mobilidade do Mercado de Traballo nas Fontes Tributarias (MMT) é unha explotación estatística que aborda unha particular visión do mercado laboral dende a perspectiva dos movementos de altas, baixas e permanencias dos asalariados no Mercado de Traballo, analizando estas últimas dende a óptica da mobilidade xeográfica e a mobilidade sectorial dos traballadores.Esta estatística constitúe un complemento necesario de Mercado de Traballo e Pensións nas Fontes Tributarias (MTP) que analiza o mercado laboral dende unha perspectiva anual estática, mentres que na estatísticas Mobilidade do Mercado de Traballo se analizan dinamicamente os cambios operados en dous exercicios consecutivos atendendo ás características socio demográficas dos traballadores:domicilio, xénero, nacionalidade, idade e actividade dos asalariados.

    Dende o bienio 2009-2010 a clasificación sectorial que se presenta é a  harmonizada coa nova clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009).