Presentación

  • Preséntase a Estatística dos declarantes de IRPF por municipios (EDM) que ofrece unha perspectiva integral (tanto rendas suxeitas ao imposto coma exentas) da renda persoal bruta (antes de reducións, mínimos e gastos deducibles) dos declarantes;así como unha estimación da renda dispoñible, descontando á renda bruta a cota líquida resultante do imposto e as cotizacións sociais e dereitos pasivos a cargo do traballador consignados na súa declaración.

    As fontes informativas utilizadas na EDM son o modelo 100 de declaración anual do IRPF, e o resumo anual 190 de retencións e ingresos a conta para as rendas exentas.A estatística analiza os distintos compoñentes da renda persoal bruta (traballo, capital mobiliario, capital inmobiliario, rendas de actividades económicas, outras rendas, ganancias patrimoniais netas e rendas exentas), e tamén presenta os importes das principais partidas agrupadas das partidas da declaración, tanto a nivel nacional e Comunidade Autónoma como (e esta é a novidade) por provincia ou municipio de máis de 1.000 habitantes.Ademais, permite obter resultados agrupando todos os municipios de territorio fiscal común, dunha Comunidade Autónoma ou dunha provincia segundo o tamaño da súa poboación (a partir dos datos oficiais do Padrón de Poboación do Instituto Nacional de Estatística).

    Hai que destacar que a información declarada no IRPF se refire á totalidade de rendas percibidas no ano de devindicación por todos os membros que integran unha unidade familiar.Polo tanto, non pode interpretarse a renda media por declaración nin como renda individual nin como rende por fogar ou familia en sentido estrito, xa que dependerá da modalidade de declaración (individual ou conxunta) escollida.Non obstante, a estatística incorpora como información adicional o número total de titulares declarantes (un en individual e conxunta monoparental, dous en conxunta de casados) para aproximar o total de adultos contribuíntes do imposto.