Cl@ve PIN

  • O sistema Cl@ve PIN permite a identificación (exclusivamente para as persoas físicas), para realizar un gran número de trámites electrónicos.

    Para iso é necesario, en primeiro lugar, rexistrarse no sistema por algunha das seguintes vías:

    • Por Internet, se dispón de certificado ou DNI electrónico.
    • Por Internet, se dispón dunha carta convite para rexistrarse neste sistema.Se non dispón desta carta, pode solicitala achegando o seu DNI ou NIE e a súa data de validez, expedición ou número de soporte, indicando o seu domicilio fiscal.Unha vez recibida a carta poderá rexistrarse en Cl@ve mediante o Código Seguro de Verificación que consta na carta e achegando o seu número de teléfono móbil.
    • Nas oficinas da Axencia Tributaria.Para realizar este trámite nas nosas oficinas non é necesario que concerte cita previa.

    Unha vez que se rexistre, xa pode solicitar o seu Cl@ve PIN cada vez que vaia realizar un trámite na páxina web da Axencia Tributaria.

    Tamén pode obter o seu Cl@ve PIN dende o seu móbil descargándose a app “Cl@ve PIN”

    Pode consultar toda a información relacionada con Cl@ve PIN en:

  • Rexístrese en Cl@veInformación contida na Sede Electrónica da Axencia Tributaria
  • Descargue a app da Axencia Tributaria
  • Descargue "Aplicación móbil Cl@ve PIN"
  • A seguridade é Cl@ve Documento PDF  (2900 kB)
  • Axuda técnica - Cl@ve PIN