Calendario da campaña Renda 2018

Mostrar texto completo de eventos
  • 15-03-2019  Consulta de datos fiscais.Obtención do número de referencia.Subscrición á app "Axencia Tributaria"
    • Subscrición á app “Axencia Tributaria” (Nova configuración)

    • Acceso aos seus datos fiscais: do 15 de marzo ao 1 de xullo:

      • Por Internet (mediante RENØ, Certificado ou Cl@ve PIN)
      • Pola app “Axencia Tributaria”
    • Solicitude do número de referencia: do 15 de marzo ao 1 de xullo:

      • Por Internet (mediante RENØ, Certificado ou Cl@ve PIN)
      • Pola app “Axencia Tributaria”
  • 01-04-2019  Solicitude de cita previa:Plan "CHAMÁMOSLLE"
    • A Axencia Tributaria chama ao contribuínte logo de cita que se pode solicitar dende o 1 de abril ata o 28 de xuño.

      • Por Internet
      • Pola app “Axencia Tributaria”
      • Por teléfono: 901 12 12 24 ou 91 535 73 26 -Automático. Tamén para anular unha cita previamente solicitada.
      • Por teléfono -atención persoal- 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 (L a V de 9 a 19h)
    • Servizo telefónico de información tributaria de RENDA: 901 33 55 33 ou 91 554 87 70 (L a V de 9 a 19h; este servizo permanecerá todo o ano).

  • 02-04-2019  Inicio da presentación de declaracións de Renda e Patrimonio 2018
    • Modificación e presentación da declaración de Renda 2018 por teléfono: do 2 de abril ao 1 de xullo. Ata o 26 de xuño no caso de domiciliación bancaria.

      • Para iso é necesario solicitar cita previa por internet ou nos teléfonos 901 22 33 44 - 91 553 00 71 ou 901 12 12 24 - 91 535 73 26 (servizo automático), dende o 1 de abril ata o 28 de xuño de 2019 (de 9 a 19 horas de luns a venres)
    • Modificación e presentación da declaración de Renda 2018 por Internet:  do 2 de abril ao 1 de xullo (24 h). Ata o 26 de xuño no caso de domiciliación bancaria.

      • No servizo de tramitación borrador / declaración (Renda WEB)
    • Presentación de declaracións de Patrimonio 2018: do 2 de abril ao 1 de xullo (24 h) (obrigatorio por Internet).

  • 09-05-2019  Solicitude de cita previa para atención en oficinas
    • Petición de cita previa para confección de declaracións de Renda nas oficinas da Axencia Tributaria e outras entidades colaboradoras: do 9 de maio ao 28 de xuño.
      • Por Internet
      • Pola app “Axencia Tributaria”
      • Por teléfono -atención persoal- 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 (L a V de 9 a 19h)
  • 14-05-2019  Inicio da atención presencial en oficinas
    • Inicio da atención presencial en oficinas para modificar e presentar a declaración de Renda 2018: do 14  de maio ao 1 de xullo.

      • Inicio do servizo de confección e presentación de declaracións de Renda 2018 en oficinas da Axencia Tributaria e doutras entidades colaboradoras (CC. AA., Concellos, Rexistros...). É necesario concertar cita previa por Internet na páxina web da Axencia Tributaria ou chamando aos teléfonos 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 (L a V de 9 a 19h), dende o 9 de maio ao 28 de xuño.
  • 26-06-2019  Data límite de domiciliación bancaria de declaracións a ingresar
    • Último día para presentar declaracións de Renda 2018 e Patrimonio 2018 con domiciliación bancaria.

  • 28-06-2019  Último día para solicitar cita previa
    • Último día para solicitar cita previa para atención telefónica ou en oficinas

  • 01-07-2019  Último día para presentar as súas declaracións de Renda 2018 e Patrimonio 2018

    FIN DA CAMPAÑA DE RENDA 2018

  • 05-11-2019  Último día para realizar o ingreso do segundo prazo de Renda
    • Último día para realizar o ingreso do segundo prazo da cota do imposto sobre a Renda 2018, se se fraccionou o pagamento