Que pode comunicar ou notificar a Axencia Tributaria por medios electrónicos?

As persoas e entidades citadas anteriormente estarán obrigadas a recibir por medios electrónicos todas as comunicacións e notificacións que efectúe a Axencia Tributaria nas súas actuacións e procedementos tributarios, aduaneiros e estatísticos de comercio exterior e na xestión recadatoria dos recursos doutros Entes e Administracións Públicas que ten atribuída ou encomendada. Polo tanto, a notificación electrónica pasa a ser a forma habitual de notificación das actuacións da Axencia Tributaria.

Non obstante, a Axencia Tributaria poderá practicar as notificacións por medios non electrónicos nos seguintes supostos:

  • Cando a comunicación ou notificación se realice con ocasión da comparecencia espontánea do obrigado ou o seu representante nas oficinas da Axencia Tributaria e solicite a comunicación ou notificación persoal nese momento.
  • Cando para asegurar a eficacia da actuación administrativa resulte necesario practicar a notificación por entrega directa dun empregado público da Administración notificante.
  • Cando as comunicacións e notificacións fosen postas a disposición do prestador do servizo de notificacións postais para a súa entrega aos obrigados tributarios con antelación á data en que a Axencia Tributaria teña constancia da comunicación ao obrigado da súa inclusión no sistema de enderezo electrónico habilitado.

Se a Axencia Tributaria practicase a comunicación ou notificación por medios electrónicos e non electrónicos, entenderanse producidos todos os efectos a partir da primeira das comunicacións ou notificacións correctamente efectuada.

Así mesmo, en ningún caso se efectuarán no enderezo electrónico habilitado as seguintes comunicacións e notificacións:

  • Aquelas nas que o acto a notificar vaia acompañado de elementos non susceptibles de conversión en formato electrónico.
  • As que deban practicarse mediante personación.
  • As que conteñan medios de pagamento a favor dos obrigados tributarios (cheques).
  • As que deban practicarse con ocasión da participación telemática en procedementos de alienación de bens desenvolvidos polos órganos de recadación da Axencia Tributaria.
  • As dirixidas ás entidades de crédito nalgún dos seguintes supostos:
    1. Que se encontren adheridas ao procedemento para efectuar por medios telemáticos o embargo en contas.
    2. Que actúen como entidades colaboradoras na xestión recadatoria da Axencia Tributaria.
    3. Que se encontren adheridas ao procedemento electrónico para o intercambio de ficheiros entre a Axencia Tributaria e as entidades de crédito, no ámbito das obrigas de información á Administración tributaria relativas a extractos normalizados de contas correntes.