Avísanme se recibín unha comunicación ou notificación electrónica?

É preciso acceder periodicamente (como mínimo unha vez cada 10 días) ás súas notificacións electrónicas. Non obstante, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, entidade prestadora do servizo, considera a posibilidade, ao configurar o perfil do enderezo electrónico habilitado, de consignar unha ou varias contas de correo electrónico persoal na que, de forma non vinculante, se lle informará das entradas das novas comunicacións e notificacións realizadas pola AEAT.

Así mesmo, ten á súa disposición o sistema de avisos da Axencia Tributaria, dirixido tanto a persoas físicas coma a persoas xurídicas e entidades sen personalidade. Poderá darse de alta e obter a información que precise picando no seguinte enlace: