É posible darse de baixa do sistema de notificacións electrónicas?

A inclusión no sistema de notificacións electrónicas para o colectivo afectado terá vixencia indefinida, de conformidade co establecido na Lei 39/2015.

No caso das persoas físicas, estas poderán elixir en todo momento se se comunican coas Administracións Públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas.