É necesario solicitar cita previa para realizar o apoderamento?

Si, para as persoas ou entidades que recibisen a notificación da inclusión obrigatoria os devanditos trámites esixen a solicitude de cita previa.É posible solicitar cita previa só para acreditar a identidade para obter o certificado electrónico da FNMT, só para outorgar apoderamento, ou ben para ambas as dúas actuacións á vez.

Recorde que se a modalidade de certificado que se solicita é de “representante para Administradores únicos ou solidarios” non será necesaria a identificación nunha oficina de rexistro se o representante legal, administrador único ou solidario, dispón dun certificado de persoa física da FNMT-RCM ou un DNIe (sempre e cando o certificado de persoa física non proveñan dunha renovación) co que se identifique electronicamente na páxina web da FNMT-RCM.En consecuencia nestes casos non é necesario solicitar cita previa para acreditar a identidade na solicitude do certificado electrónico de representante para Administradores únicos ou solidarios.

Os datos que debe de consignar na aplicación informática de cita previa por Internet son:

  • NIF
  • NOME (ou PRIMEIRO APELIDO, se é o que se precisa para identificar) ou DENOMINACIÓN SOCIAL (que aparece na notificación recibida de inclusión obrigatoria no sistema de notificacións electrónicas).