Obtención do certificado electrónico Software da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) nas oficinas da Axencia Tributaria.

Para a súa obtención, pode dirixirse ás entidades emisoras de certificados mencionadas anteriormente ou ben obter o certificado electrónico que corresponda expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) seguindo os seguintes pasos:

  1. Entre na web da FNMT (www.fnmt.es) e seleccione o tipo de certificado que corresponda segundo a natureza da entidade.A continuación, teclee o seu NIF e un correo electrónico e a FNMT devolveralle un código de solicitude.
  2. A continuación, deberá comparecer en calquera oficina da Axencia Tributaria para proceder á súa identificación, tendo en conta que:
    • Se se trata dunha persoa física, deberá achegar, xunto co código de solicitude do certificado:
      • o DNI ou, en caso de estranxeiros, Tarxeta de Residencia ou Certificado do NIE xunto co pasaporte;ou ben,
      • Tarxeta acreditativa do Número de Identificación Fiscal (NIF) xunto co Pasaporte ou Documento de Identidade do país de orixe.
    • Se se trata dunha persoa xurídica, só poderán solicitar o certificado:
      1. Os administradores ou representantes legais da entidade.
      2. Os representantes voluntarios que acheguen un poder con mandato especial e expreso para os efectos da solicitude do certificado.

Deberá achegarse o código de solicitude do certificado e a seguinte documentación:

  • as sociedades mercantís, certificado do Rexistro Mercantil relativo aos datos de constitución e personalidade xurídica destas;
  • as Asociacións, Fundacións e Cooperativas non inscribibles no Rexistro Mercantil, certificado do rexistro público onde consten inscritas, relativo á súa constitución;
  • as demais persoas xurídicas e entidades sen personalidade, documento fidedigno da súa constitución e dos estatutos sociais ou documento equivalente.

Documentos que acrediten a identidade do representante (DNI, NIE/NIF xunto co pasaporte), capacidade e vixencia da representación.

A representación acreditarase mediante o certificado do Rexistro público ou especial (ou nota simple con todas as follas seladas) relativo ao nomeamento do representante e vixencia do cargo, que deberá ter sido expedido durante os dez días anteriores á data da personación.A representación de entidades que non deban estar inscritas en ningún rexistro público ou especial poderase acreditar mediante poder notarial e tamén se poderá xustificar cos documentos privados de designación de representante que procedan en cada caso.Poderá prescindirse da personación nas oficinas da Axencia Tributaria do representante se a súa firma na solicitude do certificado electrónico da persoa xurídica foi lexitimada en presenza notarial.

En caso de que se solicite certificado de representante para Administradores únicos ou solidarios, soamente resulta necesario achegar a documentación que acredite a identidade do representante.

Para realizar estes trámites, unha vez obtido o código de solicitude do certificado da FNMT, debe solicitar CITA PREVIA a través de Internet, no portal da Axencia Tributaria www.agenciatributaria.es, no apartado relativo ás Notificacións Electrónicas.