Efectos das notificacións electrónicas.

As notificacións electrónicas entenderanse producidas no momento do acceso ao contido do acto notificado, ou ben, se este acceso non se efectúa, polo transcurso do prazo de 10 días naturais dende a súa posta a disposición sen que accedese ás mesma.

Todas as comunicacións e notificacións estarán dispoñibles 90 días naturais na DEH.Durante ese período, poderase visualizar por completo o seu contido cantas veces se precise (o contido só se pode visualizar durante os 90 días se se accedeu a el no prazo de 10 días;se expirou non se poderá ver o contido).Con posterioridade a este prazo, só se poderán consultar na Sede electrónica da Axencia Tributaria.

O sistema de notificación electrónica acredita a data e hora en que se produce a posta a disposición do interesado do acto obxecto de notificación.Igualmente, o sistema acredita a data do acceso do destinatario ao contido do documento notificado ou en que a notificación se considerou rexeitada por transcorrer o prazo legalmente establecido.

Se, con anterioridade á data de recepción da comunicación da notificación, se tivese accedido á Sede electrónica da Axencia Tributaria e lle tivese sido practicada a notificación por comparecencia electrónica, a data que prevalece para todos os efectos é a da primeira das notificacións correctamente practicada.