Comunicacións e notificacións electrónicas en situacións de concurso.

As persoas que deben acceder ás notificacións electrónicas emitidas pola Axencia Tributaria son as seguintes:

  • No réxime de intervención, o concursado e as persoas que dispoñendo de certificado electrónico propio ou Clave no caso de persoas físicas consten a tales efectos no Rexistro de Apoderamentos da AEAT. Debe terse en conta que o apoderamento debe contar coa autorización da administración concursal (autorización que se presume se o apoderamento se solicita con posterioridade ao auto de declaración de concurso) e que os apoderados accederán ás comunicacións e notificacións utilizando o seu propio sistema de identificación.
  • No réxime de suspensión, a administración concursal e as persoas que dispoñendo de certificado electrónico propio ou Clave consten a tales efectos no Rexistro de Apoderamentos da AEAT. Debe terse en conta que o apoderamento debe ser concedido pola administración concursal e que os apoderados accederán ás comunicacións e notificacións utilizando o seu propio sistema de identificación.

Así mesmo, no réxime de suspensión debe terse en conta que:

  • A recollida de notificacións no Enderezo Electrónico Habilitado por parte do concursado considerarase un acto que infrinxe as limitacións de facultades establecidas para o mesmo susceptible de validación ou confirmación pola administración concursal se non exerce a acción de anulación prevista na normativa concursal (artigo 40.7 da Lei Concursal).
  • Tratándose de concursados persoas xurídicas, a firma electrónica dos administradores suspendidos debe ser obxecto de revogación pola administración concursal ante o organismo emisor desta. A administración concursal deberá obter unha nova firma electrónica do concursado.