Modelo 347.Declaración anual de operacións con terceiras persoas.

Como consecuencia da modificación dos artigos 31 a 35 do Regulamento Xeral de Aplicación dos Tributos (aprobado por Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo), modificouse o ámbito subxectivo de declarantes así como o contido da declaración.

Ámbito subxectivo.

Pasan a incluírse como obrigados a presentar a declaración as comunidades de bens en réxime de propiedade horizontal así como determinadas entidades ou establecementos de carácter social, polas adquisicións en xeral de bens ou servizos que efectúen á marxe das actividades empresariais ou profesionais, mesmo aínda que non realicen actividades desta natureza.

Os suxeitos pasivos acollidos ao réxime simplificado do IVE deberán subministrar información non só das operacións polas que emitan factura senón tamén daquelas polas que reciban factura e estean anotadas no Libro Rexistro de facturas recibidas.

As distintas AAPP deberán relacionar todas aquelas persoas ou entidades ás cales satisfixesen subvencións, auxilios ou axudas, calquera que sexa o seu importe.

Coa ampliación da información a subministrar no modelo 180, esta terá un contido coincidente coa Declaración anual de operacións con terceiras persoas polas operacións de arrendamento de inmobles urbanos que sexan locais de negocio e estean suxeitas a retención, quedando excluída do deber de declaración do arrendador no modelo 347.

Contido da declaración.

Débense consignar separadamente doutras operacións:

  • As operacións incluídas no réxime especial do criterio de caixa.
  • As operacións nas que o suxeito pasivo sexa o destinatario desta (investimento do suxeito pasivo).
  • Operacións suxeitas e exentas no Imposto sobre o Valor Engadido, relativas a bens vinculados ou destinados a ser vinculados ao réxime de depósito distinto do alfandegueiro.

Por outra parte, incorporouse un novo campo de identificación do declarado para consignar o NIF-IVAen o caso de empresarios ou profesionais establecidos noutro Estado membro que carezan de NIF.