Modelo 290 de Declaración informativa anual de contas financeiras de determinadas persoas estadounidenses (FATCA)

Por primeira vez, durante os tres primeiros meses de 2015, algunhas institucións financeiras estarán obrigadas a presentar o modelo 290 de Declaración informativa anual de contas financeiras de determinadas persoas estadounidenses.O devandito modelo foi aprobado pola Orde HAP/1136/2014, de 30 xuño, e incorporouse ao noso ordenamento xurídico como consecuencia do Acordo entre o Reino de España e os Estados Unidos de América para a mellora do cumprimento fiscal internacional e a implementación da Foreign Account Tax Compliance Act-FATCA, feito en Madrid o 14 de maio de 2013.Ambos os dous documentos están dispoñibles no apartado de información relativa ao modelo 290.

O modelo 290 ten por obxecto informar sobre determinadas contas financeiras cuxos titulares son persoas ou entidades estadounidenses e, en determinados supostos, sobre contas financeiras cuxos titulares son entidades pasivas non estadounidenses se os que exercen o control sobre as devanditas entidades teñen a súa residencia fiscal nos Estados Unidos de América ou ostentan a cidadanía do devandito Estado.