Modelo 187.Institucións de Investimento Colectivo

Modelo 187 de declaración informativa de accións ou participacións representativas do capital ou do patrimonio das institucións de investimento colectivo e do resumo anual de retencións e ingresos a conta en relación coas rendas ou ganancias patrimoniais obtidas como consecuencia das transmisións ou reembolsos desas accións ou participacións.

O novo modelo 187 incorpora as seguintes novidades:

En primeiro lugar, introduciuse un novo campo Tipo de Resultado, para identificar aqueles supostos de transmisión de participacións en Fondos de investimento nos que o transmitente comunica á entidade obrigada a practicar retención ou ingreso a conta que foi titular, durante o período de tenza dos valores transmitidos, de participacións homoxéneas rexistradas noutra entidade.

En segundo lugar, introdúcense dúas novas claves de operación co seguinte contido:

  • I: Adquisicións de accións ou participacións que sexan reinvestimento de importes obtidos previamente na transmisión ou reembolso doutras accións ou participacións en institucións de investimento colectivo, e nas que non se computase a ganancia ou perda patrimonial obtida, de acordo co previsto no artigo 94.1.a) segundo parágrafo, da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, cando o accionista ou partícipe efectuase a comunicación a que se refire o artigo 28.2 da Lei 35/2003 de Institucións de Investimento Colectivo no escrito de solicitude de traspaso.
  • J: Alienacións (transmisións ou reembolsos) nas que, por aplicación do disposto no artigo 94.1.a) segundo parágrafo da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, non proceda computar a ganancia ou perda patrimonial xerada, naqueles supostos nos que o accionista ou partícipe efectuase a comunicación a que se refire o artigo 28.2 da Lei 35/2003 de Institucións de Investimento Colectivo no escrito de solicitude de traspaso.

Finalmente, introdúcese un novo campo:Código ISIN, comomedio complementario de identificación dos valores obxecto das operacións incluídas no modelo 187.