Modelo 182 de Declaración informativa de donativos, doazóns e achegas realizadas, e disposicións recibidas.

En relación cos patrimonios protexidos de persoas con minusvalidez, introdúcese unha nova clave de operación:

  • E. Gasto de diñeiro e consumo de bens funxibles achegados ao patrimonio protexido no ano natural ao que se refire a declaración informativa ou nos catro anteriores para atender as necesidades vitais do beneficiario e que non deban considerarse como disposición de bens ou dereitos para os efectos do disposto no artigo 54.5 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.