Tempos medios de tramitación dos procedementos máis empregados na AEAT

  • O Resumo Executivo do Informe da Comisión para a Reforma da Administración (CORA), ao referirse aos principios que a inspiran, e dentro da mellora da eficiencia das administracións públicas mediante a implantación do sistema de medición da eficiencia, anuncia que "se poderá publicar nas páxinas web dos organismos o tempo de tramitación dos procedementos con maior incidencia nos cidadáns, así como as variacións neste". A medida da CORA "Implantación do sistema de medición da produtividade/eficiencia", ten un primeiro aspecto de execución inmediata, a publicación dos tempos de tramitación de 10 dos procedementos da Administración xeral do Estado máis empregados polos cidadáns e empresas. En execución desta medida, a Axencia Tributaria publica:

  • Tempo medio de tramitación de certificados
  • Tempo medio de tramitación de solicitudes de adiamento e fraccionamento