Selado dixital TAX FREE

  • QUE É DIVA?

    DIVA é o sistema desenvolvido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria española, para a dixitalización do selado da proba de saída de TAX FREE. A alfándega española poderá selar de forma electrónica as facturas/ formularios de reembolso presentados polos viaxeiros no momento de saída da Unión Europea, segundo dispón o artigo 21. 2º A) da Lei 37/1992, reguladora do Imposto sobre o Valor Engadido.

    Dende 1 de xaneiro de 2019 é o único sistema válido para a devolución de IVE de viaxeiros por compras realizadas en España.

    CALES SON AS VANTAXES DUN SISTEMA ELECTRÓNICO?

    1. Para o viaxeiro

      O procedemento de devolución é máis áxil con DIVA. A Axencia Tributaria, ao dispoñer de forma anticipada da información das vendas tax free, poderá efectuar os seus controis máis eficazmente, minorando por conseguinte o tempo de espera no punto de selado.

    2. Para o comerciante

      Permite o fomento das vendas, polo valor engadido que o DIVA dá aos seus clientes.

      Ten maior seguridade e trazabilidade en todo o proceso, posto que os seus documentos de reembolso de IVE están dispoñibles directamente no sistema da Administración. 

    3. Para a autoridade aduaneira:

      Permite facer unha mellor xestión dos riscos, de tal maneira que se favoreza o uso lícito desta vantaxe fiscal.

    INFORMACIÓN ESPECÍFICA

  • Para empresas
  • Para viaxeiros