Presentación do 546

  • O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.

    Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, faise posible a presentación telemática do Modelo 546, Devolución por avituallamento de gasóleo a embarcacións con dereito á devolución do Imposto sobre hidrocarburos.

    Procedemento

    Segundo se detalla na Resolución 16/09/2004, pola que se establecen as normas de cubrición dos documentos de acompañamento que amparan a circulación de produtos obxecto dos impostos especiais de fabricación (BOE.11/10/2004), é posible realizar por teleproceso a presentación dos devanditos documentos.

    A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun Certificado de Usuario (firma electrónica) outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003.Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar en Agencia Tributaria.

    É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Alfándega.Para acceder á consulta é necesario ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.

    Guías Técnicas

    Devolución por Recibos de Entrega expedidos en avituallamento de gasóleo marcado a embarcacións.Mensaxe CUSDEC con resposta CUSRES.Pulsando a seguinte icona pódese descargar a guía EDIFACT que define o formato e contido da información a enviar.

    Actualizado 13-12-2001

  • Descargar DAG0010.PDF Documento PDF  (241.099 bytes) 
    Actualizado 13-12-2001