Presentación dos Documentos 541 - 543

  • O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.

    Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, faise posible a presentación telemática dos Modelos 541/543, Recibos de Entrega e Documentos de Acompañamento expedidos en avituallamentos exentos de carburantes a embarcacións e operacións de dragado.

    Procedemento

    Segundo se detalla na Resolución de 16/09/2004, pola que se establecen as normas de cubrición dos documentos de acompañamento que amparan a circulación de produtos obxecto dos impostos especiais de fabricación (BOE.11/10/2004), é posible realizar por teleproceso a presentación dos devanditos documentos.

    A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun Certificado de Usuario (firma electrónica) outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003.Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar en Agencia Tributaria.

    Na actualidade existen dous procedementos:

    • Formulario Electrónico:  é posible cumprir on-line, as declaracións de Avituallamentos Exentos a Embarcacións, así como realizar modificacións e anulacións de Avituallamentos presentados con anterioridade, accedendo á opción Cumprimentación en liña de Avituallamentos, da páxina da Oficina Virtual de Alfándegas e Impostos Especiais.
    • Transmisión da declaración en formato EDIFACT/CUSDEC

    É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Alfándega.Para acceder á consulta é necesario ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.

    Guías Técnicas

    Recibos de Entrega e Documentos de Acompañamento expedidos en avituallamentos exentos de carburantes a embarcacións e operacións de dragado, Modelos 541/543.Mensaxes CUSDEC con respostas CUSRES, pulsando a seguinte icona pódese descargar, en formato PDF, a Guía EDIFACT que define o formato e contido da información a enviar:

    Actualizado 28-06-2001

  • Descargar ADUIEAEV10.PDF Documento PDF  (159.103 bytes)