Presentación de Declaración de Valixa Diplomática

  • O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na tramitación, ofrece a posibilidade ás compañías aéreas de comunicar os envíos que cumpran cos requisitos establecidos no Convenio de Viena de Valixa Diplomática por medios electrónicos.

    Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, é posible a presentación telemática das comunicacións de envíos de Valixa Diplomática.

     

    Procedemento

    É necesario que o operador este autorizado pola Alfándega para a presentación destas comunicacións.

    A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de ter firma electrónica que cumpra cos requisitos previstos na Orde HAP/800/2014.Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar en Axencia Tributaria.

    É posible coñecer a situación en que se encontra o envío telemático dunha declaración, sempre que se recibise no sistema de información da Alfándega.Para acceder á consulta é necesario identificarse mediante firma electrónica.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.

    Guías Técnicas

    O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT / CUSDEC.A continuación inclúese a Guía Técnica para a elaboración da mensaxe das Comunicacións de Valixa Diplomática (Mensaxes CUSDEC, con resposta CUSRES), que pode descargarse en formato PDF.

    Actualizado 16-09-2013

  • Descargar guía edi_vdip.pdf Documento PDF  (1086 KB)