Presentación de Declaración de NCTS-TIR

  • O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.

    Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, é posible a presentación telemática das Declaracións de Mercadoría de NCTS-TIR.

     

    Procedemento

    Para acollerse ao sistema é necesario ter autorización do Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais, segundo se detalla nas Ordes correspondentes (Orde de 21-11-2000 e Orde de 27-7-1995), para o cal é necesario presentar a correspondente Solicitude ante a Alfándega na que o operador vaia habitualmente operar.

    A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun Certificado de Usuario (firma electrónica) outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003.

     

    É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Alfándega.Para acceder á consulta é necesario ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.

    Guías Técnicas

    O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT / CUSDEC.A continuación inclúese a Guía Técnica para a elaboración da mensaxe de Declaracións de Mercancia de NCTS-TIR (Mensaxe CUDEC con resposta CUSRES), que pode descargarse en formato PDF.

     

  • Descarga guía EDI_NCTS_v2.2 (Actualizado o 26/12/14) Documento de Word  (613 kB) 
  •  

    O NCTS/TIR vai ser operativo dende o 01/01/2009 e está regulado no artigo 1, puntos 80 a 89 do Regulamento 1192/2008, que modifican os artigos 454 e seguintes do Regulamento 2454/93, referidos ao Réxime TIR