27-07-2021 NOTIFICACIÓN DE EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACCIÓN TRIBUTARIA

Este é un exemplo de envío de mensaxe falsa que suplanta a identidade da Axencia Tributaria.

Asunto:NOTIFICACIÓN DE EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACCIÓN TRIBUTARIA

Texto da mensaxe:

REFERENCIA:----------

CLAVE DE LIQUIDACIÓN:----------

TIPO DE PROCEDEMENTO:Tributaria

DILIXENCIA:En cumprimento do disposto pola Dependencia Rexional de Recadación, mediante as medidas preventivas con data 15 de xuño de 2021, co fin de asegurar o cobramento das débedas tributarias que poidan resultar esixibles para vostede, ao abeiro do establecido no artigo 81 da Lei Xeral Tributaria (Lei 58/2003, do 17 de decembro) e no artigo 81 do Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, declárase o embargo preventivo dos seus bens e dereitos.Esta medida será efectiva de xeito urxente, nun prazo máximo de 2 semanas.

Se desexa presentar un recurso nas próximas 24/48h sobre o presente expediente sancionador, deberá seguir o seguinte link e instrucións:Unha vez acceda dende o apartado "todos os trámites" > "Comprobacións fiscais e procedemento sancionador > Trámites destacados" > Entre no procedemento "Contestar requirimentos ou presentar documentación relacionada cun documento recibido da AEAT"

A continuación terá que achegar o "Nº de referencia" desta notificación.Será necesario un certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN para presentar un recurso ao expediente sempre que se trate dunha resolución.

Acceder a Sede Electrónica

Non atenda estas mensaxes, é un intento de fraude suplantando a imaxe da Axencia Tributaria.

Imaxe de mensaxe fraudulenta sobre notificación de expediente sancionador

phishing fraude
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda