Como presentar a declaración do Imposto de Patrimonio

  • Para presentar o modelo 714 correspondente ao exercicio 2018 hai que acceder á Sede electrónica, por exemplo dende "Trámites destacados", "Presentar e consultar declaracións",Modelo 714.Imposto sobre Patrimonio.Declaración e documento de ingreso".

    Elixa a opción "Servizo tramitación de declaración de Patrimonio".

    Trámites patrimonio

    Para acceder ao formulario pode identificarse con certificado electrónico, DNIe, Cl@ve PIN ou coa referencia do expediente de Renda 2018 solicitada a través do servizo RENØ.

    ventá selección

    Se se trata do primeiro acceso, a páxina inicial será a de datos identificativos e o idioma da declaración.Modifíqueos se fose necesario e pulse "Aceptar".

    pantalla datos identificativos

    Se xa estivo a traballar co formulario, o sistema detéctao e permítelle seguir con esa declaración ou iniciar unha nova.

    Declaración detectada

    Unha vez no formulario web poderá cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou dende o botón "Apartados" para acceder ás distintas seccións.

    Finalizada a cumprimentación, verifique o resultado na última páxina, o Documento de ingreso.No caso de que o resultado sexa un ingreso, no apartado "Tipo de declaración" poderá escoller a forma de pagamento.

    A domiciliación bancaria estará dispoñible se a declaración se presenta entre o día 2 de abril e o 26 de xuño de 2019 tanto se accede con referencia coma con Cl@ve PIN, certificado electrónico ou DNIe.

    domiciliación

    Se opta polo pagamento mediante NRC ou outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda ha de ter en conta que non poderá obter o NRC dende a pasarela de pagamento se se identificou con referencia.Do mesmo modo, se se xera clave de liquidación por elixir outras alternativas de pagamento, terá que tramitar a débeda nese mesmo momento se accedeu con referencia.

    presentación con NRC

    Unha vez que finalice a cubrición da declaración, dende a botoeira superior pode comprobar se a declaración é correcta, pulsando o botón "Validar".Se non existen erros que impidan a presentación, faga clic en "Asinar e Enviar".

    validar declaración

    Asinar e enviar declaración Patrimonio

    Aparecerá un aviso antes da ventá de presentación advertindo da posibilidade de revisar os datos.Pulse "Continuar".

    Aviso para continuar coa presentación

    Na seguinte ventá, marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e Enviar".

    Ventá conforme

    Cando a súa declaración sexa presentada poderá ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignado.Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.

    Xustificante presentación patrimonio

    Ligazóns de interese:

    Patrimonio 2018 714
  • referencia expediente RENDA 2017
    Como obter a referencia do seu expediente de Renda mediante o servizo RENØ
  • Funcionamento manexo patrimonio WEB 2018
    Funcionamento e manexo de Patrimonio WEB