Consulta de autoliquidacións do modelo 583

  • Se desexa consultar unha autoliquidación do modelo 583, utilice o enlace "Consulta de autoliquidaciones.Modelo 583" dispoñible na páxina de trámites do modelo na Sede Electrónica, en "Impostos e taxas" da sección "todos os trámites", localice "Impostos ambientais" e faga clic en "Modelo 583/588.Imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica.Autoliquidación".

    enlace ao trámite de consulta do modelo 583

    Esta consulta admite identificarse tanto con certificado electrónico e DNI electrónico como co sistema Cl@ve PIN.

    Para localizar a autoliquidación obrigatoriamente debe indicar o NIF do contribuínte aínda que tamén pode filtrar os resultados por exercicio, tipo de autoliquidación e tipo de declaración.

    busca por criterios de declaración

    Mostrarase un listado con todas as autoliquidacións e poderá acceder á declaración en cuestión dende o enlace correspondente da columna "Data Presentación".

    acceso á consulta da declaración

    detalle da consulta do modelo 583

    No detalle da consulta poderá comprobar a declaración presentada, se existen erros e o seu estado.En función do tipo e estado da declaración dispoñerá dun enlace para presentar unha declaración complementaria, ademais dunha opción para volver á relación de declaracións.

    Ligazóns de interese:

    583,consulta,copia
  • Axuda técnica - Cl@ve
  • Obteña o seu certificado electrónico
  • Modelo 583.Imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica.Autoliquidación e Pagamentos Fraccionados.