Manexo e funcionamento do programa de axuda do modelo 340

  • A Axencia Tributaria pon á súa disposición un programa de axuda con formulario para a confección do modelo 340.

    Para asegurar o correcto funcionamento do programa de axuda con formulario do modelo 340 aconsellámoslle que siga as indicacións que se describen no seguinte enlace:

    programa,formulario,introducir,introducción,datos,340,"cómo,funciona,el,programa,del,modelo,340","introducir,datos,en,el,modelo,340",grabar,facturas,"ayuda,para,el,340","formulario,del,340","formulario,modelo,340"
  • Requisitos técnicos para o correcto funcionamento do programa con formulario do modelo 340
  • Pode acceder directamente ao formulario dende a páxina de trámites do modelo 340 da Sede Electrónica en "Programa de axuda para a cumprimentación e presentación do modelo 340" do exercicio correspondente.

    programa,formulario,introducir,introducción,datos,340,"cómo,funciona,el,programa,del,modelo,340","introducir,datos,en,el,modelo,340",grabar,facturas,"ayuda,para,el,340","formulario,del,340","formulario,modelo,340"
  • Acceso a progrma de axuda do modelo

    O programa de axuda permite importar un ficheiro xerado previamente e que deberá adecuarse correctamente ao deseño lóxico en vigor, diponible en “Deseños de rexistro” dentro de “Axuda” na páxina principal da Axencia Tributaria e debe estar almacenado nun directorio cuxo nome comece por AEAT (:\AEAT) ou un subdirectorio deste.

    Arquivo, ler declaración

    Unha vez cumpridos os datos inciales, faga clic en "Pulse aquí para continuar" na parte inferior da pantalla.Se os datos son correctos, unha mensaxe informarao da imposibilidade de modificar o NIF con posterioridade.

    A pantalla inicial do programa tamén proporciona un resumo dos datos incluídos na declaración.A opción "Resumo" aparecerá na parte superior como unha pestana cando se inclúan facturas.

    Cando importa un ficheiro, o programa de axuda mostra a pantalla "Consulta" co listado dos rexistros importados.

    Consulta

    Se desexa traballar cun NIF distinto será necesario abrir unha nova declaración dende a opción "Nova Declaración" do menú "Arquivo", pero esta opción borra os datos da declaración previa que non se tivesen gardado.Polo tanto, é importante que antes de abrir unha nova declaración garde primeiro os datos da declaración que estea a cubrir, se desexa conservalos.

    Para gardar a declaración acceda ao menú "Arquivo", "Gardar Declaración".Deste xeito xérase un ficheiro que terá por nome "NIF_xxxx_XX.340" (onde o NIF é o do declarante, xxxx corresponde ao exercicio e "XX" ao período) e gárdase por defecto na carpeta "340_xxxx" creada no directorio C:\AEAT.Este ficheiro poderá ser utilizado para volver abrir a declaración en calquera outro momento ou, unha vez que a información estea completa e fose correctamente validada, presentar a declaración telematicamente.

    Gardar a declaraciónRuta do ficheiro gardado

    Ao gardar unha declaración, se existen erros de cumprimentación ou faltan datos o programa mostrará unha ventá cun listado de erros e unha breve explicación ao final da cal aparece a palabra "Ir" en forma de enlace;se fai clic sobre ela o cursor situarase na casa que contén o erro para que o corrixa.

    Error

    Para gravar as facturas o programa proporciona catro pestanas que corresponden a "Facturas Expedidas", "Facturas Recibidas", "Bens de Investimento" e "Determinadas Operacións Intracomunitarias".Ademais móstrase a pestana "Resumo" que contén os datos da pantalla inicial do programa.

    Acceda á pestana que corresponda en cada caso e pulse "Novo rexistro" (na parte superior esquerda, debaixo do menú "Arquivo");cumpra os datos e pulse "Gardar Declaración" (tamén debaixo do menú "Arquivo") e o programa daralle a opción de abrir un novo rexistro para gravar unha nova factura.

    Na parte superior dereita, xusto debaixo do menú "Axuda", dispón tamén das opcións "Consulta", onde pode acceder ao listado de facturas gravadas e, dende aí, moverse polos distintos rexistros, modificalos (accedendo a través do campo "NIF declarado") ou eliminalos dende o botón "Borrar" que aparece ao principio de cada liña, e "Buscar", para localizar unha factura gravada en función dos criterios de busca que desexe establecer.

    Criterios de busca

    Para máis información sobre a cumprimentación e o funcionamento do programa de axuda para a confección do modelo 340 pode consultar a “Guía do formulario 340”, que encontrará en “Manuais Técnicos” no apartado “Axuda” da Axencia Tributaria.

    Se rematou de confeccionar a súa declaración, acceda a "Archivo", "Recalcular Declaración" para obter o resultado total da declaración.

    Por último, para validar o contido da declaración faga clic en "Arquivo", "Gardar Declaración".Se existen erros aparecerá un listado na parte superior da pantalla nun recadro co fondo amarelo.Para corrixir os erros lea a mensaxe e faga clic sobre a palabra "Ir" ao final de cada explicación para que o cursor se sitúe na casa que contén o erro.

    Recorde que para poder gardar o ficheiro é imprescindible ter enchido os campos "NIF do declarante", "Exercicio" e "Período".

    Recalcular

    Para que sexa posible realizar a presentación a declaración debe ser correcta.Repita o proceso ("Recalcular" e "Gardar") ata que na pantalla "Consulta" a validación de todos os rexistros do listado sexa correcta e non aparezan erros detectados na parte superior da pantalla.

    Pode realizar a lectura automática do ficheiro para a súa presentación electrónica dende a opción "Asinar e enviar Declaración" do menú "Arquivo" na esquina superior dereita.

    Asinar e enviar

    O navegador solicitaralle que elixa o certificado que identifica o declarante ou presentador da declaración e a continuación mostrará un resumo da declaración, cos datos identificativos e o resumo dos datos incluídos na declaración.

    Pulse o botón "Asinar e enviar" para que o navegador lle mostre a ventá na que debe seleccionar o certificado que asina a declaración.Asegúrese de que selecciona o certificado correcto no despregable.

    O resultado dunha presentación correcta será en calquera caso a folla de resposta na que apareza "Presentación RECIBIDA" xunto á data e a hora, ademais do Código Seguro de Verificación e o número de xustificante asignados á presentación.

    Ligazóns de interese:

    programa,formulario,introducir,introducción,datos,340,"cómo,funciona,el,programa,del,modelo,340","introducir,datos,en,el,modelo,340",grabar,facturas,"ayuda,para,el,340","formulario,del,340","formulario,modelo,340"
  • Axuda técnica - Declaración informativa de operacións incluídas nos libros rexistro (Modelo 340)