Como obter o ficheiro para a presentación electrónica do modelo 340

  • A Axencia Tributaria desenvolveu tres aplicacións relacionadas co modelo 340 para que os contribuíntes usen unha ou varias en función das súas necesidades.Dispón do manual "Modelo 340:paso a paso" no apartado "Manuais técnicos" da Axencia Tributaria, no que encontrará as indicacións para obter un ficheiro válido para a súa presentación partindo das tres posibles situacións iniciais:

    • Dispoñer dun ficheiro CON formato BOE xerado cun programa alleo á Axencia Tributaria.
    • Dispoñer dun ficheiro SEN formato BOE xerado cun programa alleo á Axencia Tributaria.
    • Non dispoñer dun ficheiro coa información das facturas.

    Facilitámoslle o enlace ao devandito manual para a súa consulta:

    340,fichero,"obtención,del,fichero,de,presentación,del,modelo,340",presentación,electrónica,telemática,"cómo,obtener,un,fichero,para,presentar,el,340",diseño,registro,conversor,prevalidación,XLS,Excel
  • Modelo 340:paso a paso (03/2009) Documento PDF  (75 kB)
  • Se xerou o seu ficheiro cun programa alleo á AEAT e quere comprobar se é correcto, pode importalo ao programa de axuda con formulario do modelo 340 que a AEAT pon á súa disposición para que poidan confeccionar as declaracións informativas do modelo 340.Acceda á páxina de trámites do modelo 340 da Sede Electrónica e seleccione o enlace "Programa de axuda para a cumprimentación e presentación..."que corresponda.

    340,fichero,"obtención,del,fichero,de,presentación,del,modelo,340",presentación,electrónica,telemática,"cómo,obtener,un,fichero,para,presentar,el,340",diseño,registro,conversor,prevalidación,XLS,Excel
  • Por outro lado, o Conversor de Libros Rexistro de IVA dispoñible en "Descarga de programas de axuda" da páxina da Axencia Tributaria, permite a creación de declaracións informativas do modelo 340 a partir de ficheiros Excel (.xls ou.csv) ou de texto plano (.txt).No conversor habería que traballar con ficheiros distintos en función de se se trata de facturas expedidas, facturas recibidas, bens de investimento e operacións intracomunitarias.

    Para máis información pode consultar a nosa axuda sobre o Conversor de Libros de Rexistro de IVA:

    340,fichero,"obtención,del,fichero,de,presentación,del,modelo,340",presentación,electrónica,telemática,"cómo,obtener,un,fichero,para,presentar,el,340",diseño,registro,conversor,prevalidación,XLS,Excel
  • Conversor de Libros Rexistro de IVE - Obtención do ficheiro de presentación a partir de ficheiros Excel (.xls ou.csv) ou de texto plano (.txt)