Como comunicar datos adicionais á declaración dos exercicios 2017 e 2018

  • O formulario "Presentación da comunicación de datos adicionais á declaración do exercicio 2017 e 2018" está dispoñible na relación de trámites do "Modelo 222.ISRégimen de consolidación fiscal.Pagamento fraccionado", dentro de "Anexo 222.Comunicación de datos adicionais á declaración", "Exercicios anteriores"

    Exercicios anteriores

    O trámite require identificación con certificado electrónico.

    Anexo datos adicionais modelo 222 exercicios 2017 e 2018

    Introduza os datos de identificación, pode consultar o formato no que debe introducir o Nº de Grupo, situando o rato enriba do símbolo da icona de interrogación.Para indicar o "C.N.A.E. actividade principal" pulse o botón cos puntos suspensivos, despois cumpra o formulario cos datos adicionais que queira comunicar.

    Identificación

    O formulario permite xerar un ficheiro con formato BOE que segue o deseño de rexistro e gardalo dende o botón "Exportar", sempre que non conteña erros.O ficheiro gárdase por defecto na carpeta de descargas do equipo, non obstante pode seleccionar unha ruta alternativa, co nome "NIF do declarante.A22".Dende o botón "Importar" poderá recuperar o ficheiro xerado co formulario da páxina web ou cun programa externo á Axencia Tributaria e que siga o deseño de rexistro publicado na web en "Axuda", "Deseños de rexistro", "Exercicios anteriores", "Modelos 200 ao 299, Anexo modelo 222 - Comunicación de datos adicionais á declaración (Exercicios 2017 e seguintes).Actualizado a 31 - 03 - 2017.

    Exportar ficheiro formato BOE

    Unha vez cumpridas as casas correspondentes, faga clic en "Validar declaración".Mostrarase a relación de erros e avisos detectados, aos que pode acceder para a súa corrección dende le botón "Ir ao Erro" ou "Ir ao Aviso".

    Validar a declaración

    Se a declaración non contén erros faga clic en "Asinar e Enviar".

    Asinar e enviar

    Na seguinte ventá, marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e Enviar" para rematar a presentación.

    Marque Conforme e pulse Firmar e Enviar

    Se todo é correcto, obterá a folla de resposta na que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun documento PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada en rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.

    Justificante

    Ligazóns de interese:

  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda