Como comunicar datos adicionais á declaración dos exercicios 2015 e 2016

  • Para comunicar datos adicionais á declaración do modelo 222 dos exercicios 2015 e 2016 pode utilizar o formulario en liña dispoñible na Sede Electrónica da AEAT ao que pode acceder dende a opción "Presentar e consultar declaracións", dentro de "Trámites destacados".

    Faga clic sobre o seguinte enlace para acceder á relación completa de trámites do modelo 222:

    Pulse en "Presentación de exercicios anteriores" do apartado "Anexo 222.Comunicación de datos adicionais á declaración" e logo en "Presentación da comunicación de datos adicionais á declaración exercicio 2015 e 2016".

    Exercicios anteriores

    Exercicios 2015 e 2016

    Este trámite require identificarse con certificado electrónico.

    Certificado

    Introduza os datos de identificación e cumpra o formulario cos datos adicionais que queira comunicar.Seleccione o "C.N.A.E. actividade principal" pulsando a icona co símbolo dos tres puntos e a data de inicio do período impositivo dende a icona co símbolo do calendario.

    Datos identificativos

    Para finalizar pulse "Asinar e Enviar".

    Asinar e enviar

    Se todo é correcto, obterá a folla de resposta na que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun documento PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada en rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.

    Justificante

    comunicar datos adicionais modelo 222 exercicios 2015 2016
  • Modelo 222.Pagamento fraccionado réxime de tributación dos grupos de sociedades.Información contida na Sede Electrónica da Axencia Tributaria
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda