Como comunicar datos adicionais á declaración

  • Para comunicar datos adicionais á declaración do modelo 202 pode utilizar o formulario en liña dispoñible na Sede Electrónica da AEAT ao que pode acceder dende a opción "Presentar e consultar declaracións", dentro de "Trámites destacados",Modelo 202".

    Para visualizar correctamente todas as partes do formulario, antes de acceder, comprobe o zoom e tamaño de letra establecido no navegador (unha vez presentada a declaración pode volver ao zoom e tamaño de letra anterior).

    • En Internet Explorer, acceda a "Ver" na barra de menú (se non a ten activada pulse a tecla F10), "Tamaño de texto" e seleccione "Mediano", en "Zoom" seleccione 100%.Tamén pode seleccionar o zoom dende a icona da rosca.

    • En Google Chrome, acceda a "Configuración" (dende os tres puntos verticais), "Aspecto", "Tamaño da fonte" e seleccione "Mediano (recomendado)", en "Zoom da páxina" seleccione 100%.Tamén dende Achegar/afastar pode seleccionar o zoom a 100%.

    • En Mozilla Firefox, acceda á icona de tres raias, en "Tamaño" seleccione 100% cos signos "+" e "-", pulse "Opciones", "Xeral", Idioma e aparencia e en "Tipografías e cores" seleccione un tamaño inferior ao actual, se non ve correctamente o formulario.

    • En Safari, acceda a "Visualización", "Ampliar" ou "Reducir".

    Comunicar datos adicionais declaración 202 pagamento fraccionado
  • Pulse en "Presentación da comunicación de datos adicionais á declaración do exercicio 2017 e seguintes" do apartado "Anexo 202.Comunicación de datos adicionais á declaración".

    Portal modelo 202

    Este trámite require identificarse con certificado electrónico.

    Certificado

    Introduza os datos de identificación e cumpra o formulario cos datos adicionais que deba comunicar.Para indicar o "C.N.A.E. actividade principal" pulse o botón cos puntos suspensivos e para seleccionar a data de inico do período impositivo pode utilizar a icona do calendario.

    Datos identificativos

    Unha vez cumprida a declaración valide a cumprimentación pulsando o botón "Validar declaración".Os avisos dan información relevante que convén revisar pero non impiden a presentación da declaración.En caso de que a declaración conteña erros, estes deben ser corrixidos.Faga clic en "Ir ao Erro" ou "Ir ao Aviso" e o cursor activarase na casa correspondente.

    Validar a declaración

    O formulario permite xerar un ficheiro en formato BOE dende a opción "Exportar" sempre que a declaración se validase correctamente e non existan erros.Poderá elixir a ruta na que desexa gardar o ficheiro, por defecto na carpeta de "Descargas" e terá por nome o NIF do declarante e a extensión .202.Poderá recuperar a declaración mediante a opción "Importar"En calquera momento.

    Exportar a declaración en formato BOE

    Importar declaración

    Para presentar a declaración faga clic en "Asinar e enviar".

    Botón de Asinar e Enviar

    A continuación marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e Enviar" para rematar coa presentación.

    Marque

    Comunicar datos adicionais declaración 202 pagamento fraccionado
  • Modelo 202.Imposto sociedades.Pago fraccionado réxime xeral.