Formulario do Plan de Reserva para investimentos en Canarias (Imposto Sociedades.Períodos anteriores)

  • Previamente á presentación do modelo 200 de Sociedades, será necesario presentar o formulario do plan de reserva para investimentos en Canarias se marcou as casas correspondentes na declaración.Coa presentación obterá o Número de Xustificante para introducir na declaración.

    Para visualizar correctamente todas as partes do formulario, antes de acceder, comprobe o zoom e tamaño de letra establecido no navegador (unha vez presentada a declaración pode volver ao zoom e tamaño de letra anterior).

    • En Internet Explorer, acceda a "Ver" na barra de menú (se non a ten activada pulse a tecla F10), "Tamaño de texto" e seleccione "Mediano", en "Zoom" seleccione 100%.Tamén pode seleccionar o zoom dende a icona da rosca.

    • En Google Chrome, acceda a "Configuración", "Aspecto", "Tamaño de fonte" e seleccione "Mediano (recomendado)", en "Zoom da páxina" seleccione 100%.Tamén dende Achegar/afastar pode seleccionar o zoom a 100%.

    • En Mozilla Firefox, acceda á icona de tres raias, en "Tamaño" seleccione 100% cos signos "+" e "-", pulse "Opciones", "Xeral", Idioma e aparencia e en "Tipografías e cores" seleccione un tamaño inferior ao actual, se non ve correctamente o formulario.

    • En Safari, acceda a "Visualización", "Ampliar" ou "Reducir".

    Pode acceder ao formulario dende a páxina web en Sede Electrónica, "todos os trámites", Impostos e taxas, "Imposto sobre Sociedades",Modelo 200".No apartado "Reserva para investimentos en Canarias" pulse "Presentación de Reserva para investimentos en Canarias.Períodos anteriores".O acceso require identificación con certificado electrónico.

    Os campos marcados con asteriscos son obrigatorios.Marque a clase do plan de investimentos, o Código CNAE e o/os tipos de investimento.Dependendo dos tipos de investimento marcados habilitaranse unhas casas ou outras.As casas sombreadas do importe autocalcúlanse.

    Formulario a cumprir

    Por último pulse "Asinar e Enviar", marque a casa "Conforme e volva pulsar "Asinar e Enviar" para finalizar a presentación.

    Conforme

    Como resposta a AEAT facilitaralle o Número de Xustificante.

    Presentación correcta e obtención do número de xustificante

    Recorde que para dúbidas en materia tributaria debe contactar co 901 33 55 33 de Información Tributaria ou consultar persoalmente na súa Administración ou Delegación.

    Ligazóns de interese:

    Reserva investimentos Canarias RIC formulario plan 200
  • Colaboradores
  • Certificado electronico