Sociedades WEB versión Open

  • A versión Sociedades WEB Open funciona como un simulador que permite confeccionar a declaración do modelo 200 correspondente ao exercicio 2018 sen necesidade de identificarse con certificado electrónico polo que pode utilizarse para realizar as probas e comprobacións necesarias, previas á presentación.

    O acceso a Sociedades WEB Open está dispoñible na páxina de trámites do modelo 200 na Sede Electrónica, no apartado "Servizos de axuda".

    Enlace a Sociedades WEB Open

    Selector de acceso a Sociedades WEB Open

    Dende a primeira ventá que se mostra na versión Open poderá:

    • Dar de alta unha nova declaración, indicando o NIF e nome e apelidos ou razón social do declarante e pulsando o botón "Aceptar".

      Datos identificativos Open Nueva declaración
    • Importar ao formulario un ficheiro en formato BOE do modelo 200, pulsando unicamente o botón "Importar".Seleccione o ficheiro que se axuste ao deseño de rexistro actualizado para o modelo 200 do exercicio 2018.Se o ficheiro se importa correctamente aparecerá un aviso indicándoo.

      Importar ficheiro BOE 200 Open seleccionar ficheiro .200 open aviso importación 200
    • Cargar un ficheiro.ses que gardase previamente en local dende a versión Open.Hai que ter en conta que a versión para presentación tamén garda a declaración pero faino nos servidores da AEAT polo que non poderá recuperarse na versión Open.Pulse o botón "Cargar" e seleccione o arquivo SES que gardase antes.

      Cargar ses dende datos identificativos Seleccionar ficheiro ses

    Se se xera unha nova declaración, primeiro terase que cumprir a páxina "Carácteres da declaración" que condiciona o resto da cumprimentación do modelo 200 e que, unha vez aceptados, non poderán modificarse.Marque as casas que correspondan e indique as datas de inicio e fin do período impositivo da Entidade declarante.Baixe ata o final da páxina para pulsar o botón "Aplicar".

    Carácteres da declaración versión Open

    Aplicar carácteres da declaración

    A continuación, nunha nova ventá marcaranse as casas correspondentes ao estado de contas.

    Marcar casas estado de contas

    Antes de acceder á declaración, unha nova ventá permite importar un ficheiro XML para incorporar os datos económicos.Faga clic no botón "Elixir ficheiro (XML)" para escoller o seu arquivo ou "Continuar sen importar datos contables" para proseguir coa cumprimentación da declaración".

    Importar XML datos económicos versión Open

    Unha vez que se abran todas as páxinas da declaración, a versión Open de Sociedades WEB dispón dunha barra de ferramentas na parte superior coas seguintes funcionalidades:

    Menú ferramentas Sociedades Web Open

    • O botón "Apartados" desprega os distintos apartados da declaración para acceder rapidamente a cada un deles.

      Apartados declaración 200
    • "Borrador" xera un borrador en PDF non válido para presentación.

      Borrador 200 versión Open
    • "Validar declaración" comproba a cubrición da declaración, mostrando os avisos, advertencias e erros que se detecten para corrixilos se fose necesario.Disponse do correspondente botón para dirixirse ao erro, advertencia ou aviso para corrixilo.Recordamos que só os erros impidirían a presentación da declaración.

      declaración con erros Validación 200 sen erros, só avisos
    • "Borrar declaración", utilizando o botón coa icona da papeleira.

    • "Gardar" xera un arquivo.ses que se garda en local coa declaración cumplimentada ata ese momento.Este ficheiro.ses só pode recuperarse na versión Sociedades WEB Open mediante o botón "Cargar" na primeira ventá de identificación.Por defecto, o nome do ficheiro sera NIF-200-2018 e a extensión. ses.

      Gardar en formato ses en versión Open
    • "Exportar" xera un arquivo .200 que se axusta ao deseño de rexistro do modelo.É imprescindible que a declaración non conteña erros xa que, no caso contrario, non se permite a exportación (ao pulsar a icona de exportación, non acontecerá nada). O ficheiro .200 poderase importar á versión Sociedades WEB con identificación con certificado electrónico para proceder dende aquí á súa presentación.Por defecto, o nome do ficheiro sera NIF-200-2018-0A e a extensión .200.

      exportar declaracion ficheiro 200 version Open

      gardar ficheiro 200 version open

    200 open simulador 2018