Requisitos para tramitar a solicitude de devolución do IVE (Modelo 360)

  • A xestión das devolucións do IVE mediante a presentación do modelo 360 require cumprir estes requisitos:

    1. A solicitude da devolución do IVE realízase obrigatoriamente por vía telemática.

      A solicitude da devolución realízase exclusivamente mediante o trámite habilitado na Sede Electrónica da Axencia Tributaria e esixe identificación con firma dixital (certificado electrónico ou DNI electrónico).

      Se non dispón de certificado electrónico recorde que a solicitude e obtención do devandito certificado se realiza a través dos servizos por internet de calquera entidade certificadora autorizada.Pode serlle de axuda a información detallada na opción "Información e pasos para obter un certificado electrónico" dispoñible nos "Ligazóns de interese", ao final desta axuda.

    2. O presentador ha de estar dado de alta na DEH (Enderezo Electrónico Habilitado) e subscrito ao procedemento AEATPI20050425IVANOR.

      O acceso á DEH e a subscrición ao procedemento realízase dende o portal do Servizo de Notificacións Electrónicas (http://notificaciones.060.es).Para acceder a este servizo faga clic no enlace "Servizo de Notificacións Electrónicas (DEH)" situado nos "Ligazóns de interese" ao final desta axuda.

      Unha vez dado de alta na DEH, o solicitante (tanto se fai o trámite en nome propio coma se se fai a través de representante) hase de subscribir ao procedemento AEATPI20050425IVANOR con polo menos dous días de antelación á presentación da solicitude.

      Se está subscrito, en "Procedementos Subscritos" debe aparecer o AEATPI20050425IVANOR.

      Subscrito ao procedemento

      Se non se está subscrito ao AEATPI20050425IVANOR, pode facelo dende "Subscrición a Procedementos".Seleccione como entidade "Agencia Estatal de Administración Tributaria" e en categoría "Todas", seleccione o procedemento e pulse o botón "Subscribirse".

      Subscribirse ao procedemento

    3. Rexistrar o correspondente apoderamento no caso de que o solicitante desexe realizar o trámite a través dun representante.

      Se o solicitante actúa por medio dun terceiro (representante), non é necesario que estea subscrito á DEH, nin que teña certificado electrónico.

      Neste caso deberá apoderar o representante no trámite NOTIVANOR (apoderamento específico) ou ben no GENERALNOT (apoderamento xeral) para que este poida recibir as notificacións do representado.

      O apoderamento pode tramitarse por internet con certificado electrónico.O devandito apoderamento require que tras o outorgamento do poder o apoderado confirme a recepción deste.

      Para máis información sobre este tipo de trámites pulse o seguinte enlace:

  • Acceso ao servizo de notificacións electrónicas por apoderamento
    1. Para envíos con gran volúmen de operacións (superior a 202 operacións e cun máximo de 3000), a presentación do modelo 360 haberá de facerse dende a opción "Presentación do modelo 360 por ficheiro" dos trámites en Sede Electrónica para este modelo.O ficheiro debe cumprir os criterios indicados no deseño lóxico aprobado.Presentación do modelo 360 por ficheiro

      Ata 202 operacións é posible utilizar a opción xeral de presentación "Presentación do modelo 360" mediante o formulario en liña.Presentación do modelo 360 por formulario

    Nota: Se ten dúbidas de cumprimentación, recordámoslle que pode obter axuda de interese no apartado "Información e axuda" dentro da relación de trámites dispoñibles para o modelo 360.Tamén pode contactar coa ONGT (non Residentes) chamando o 91 757 57 75.

    Ligazóns de interese:

  • Modelo 360.Solicitude de devolución do imposto sobre o valor engadido soportado por determinados empresarios ou profesionais establecidos no territorio de aplicación do imposto.Información contida na Sede Electrónica da Axencia Tributaria Nota: Os empresarios ou profesionais establecidos nas Illas Canarias, Ceuta ou Melilla, presentarán a solicitude de devolución da cotas soportadas no territorio de aplicación do Imposto a través deste mesmo formulario.
  • Deseños de rexistro
  • Axuda técnica - Solicitude de Devolución de IVE a non Establecidos (modelo 360)
  • Información e pasos para obter un certificado electrónico
  • Axuda - Notificacións electrónicas
  • Servizo de Notificacións Electrónicas (DEH)Nova ventá