Presentación electrónica do modelo 303 mediante formulario web

  • Para a presentación electrónica do modelo 303 do exercicio 2019 pode utilizar o formulario web dispoñible na Sede Electrónica, ao que pode acceder dende o apartado "Trámites destacados", Presentar e consultar declaracións ou "todos os trámites","Impuestos e taxas",IVE", "Modelo 303. IVE Autoliquidación".

    A continuación, pulse o enlace "Presentación exercicio 2019". Identifíquese con firma dixital (certificado ou DNI electrónico) ou ben mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN.

    Imaxe do portal do modelo 303 en Sede

    Para visualizar correctamente todas as partes do formulario, antes de acceder, comprobe o zoom e tamaño de letra establecido no navegador (unha vez presentada a declaración pode volver ao zoom e tamaño de letra anterior).

    • En Internet Explorer, acceda a "Ver" na barra de menú (se non a ten activada pulse a tecla F10), "Tamaño de texto" e seleccione "Mediano", en "Zoom" seleccione 100%.Tamén pode seleccionar o zoom dende a icona da rosca.
    • En Google Chrome, acceda a "Configuración" (dende os tres puntos verticais), "Aspecto", "Tamaño da fonte" e seleccione "Mediano (recomendado)", en "Zoom da páxina" seleccione 100%.Tamén dende Achegar/afastar pode seleccionar o zoom a 100%.
    • En Mozilla Firefox, acceda á icona de tres raias, en "Tamaño" seleccione 100% cos signos "+" e "-", pulse "Opciones", "Xeral", Idioma e aparencia e en "Tipografías e cores" seleccione un tamaño inferior ao actual, se non ve correctamente o formulario.
    • En Safari, acceda a "Visualización", "Ampliar" ou "Reducir".

    Cumpra os datos identificativos e marque as casas que correspondan no seu caso.Teña en conta que algúns destes datos non poderán ser modificados con posterioridade, polo que é preciso que esta información se indique correctamente antes de cumprir os datos económicos.

    Tras encher esta ventá de "Datos Identificativos", pulse o botón "Aceptar".

    Ventá para introducir os datos identificativos do modelo 303

    Dende esta mesma ventá de datos identificativos, utilizando o botón "Cargar" pode recuperar a última declaración gardada nos servidores da AEAT para este NIF (incluídos nome e apelidos ou razón social) e período seleccionado. A declaración almacenouse automaticamente nos servidores ao pulsar o botón "Gardar" dentro do formulario.Teña en conta que se borrarán os datos introducidos ata o momento ao cargar a declaración.Seleccione a declaración e pulse "Aceptar".

    cargar ficheiro 303 gardado en nube

    Cargar declaración

    Na cabeceira do formulario visualízanse os datos identificativos principais. Pode consultar todos os cumplimentados para a declaración dende o botón "Datos Identificativos".

    Acceso a Datos Identificativos

    Cumpra os datos económicos da declaración.Pode acceder doadamente a eles utilizando o botón "Apartados" ou as frechas da botoeira. En xeral, os apartados son os correspondentes ao "Réxime Xeral" ou "Réxime Simplificado", "Informacion Adicional" e "Resultado".

    Acceso a Apartados da declaración

    Dende a botoeira ten ademais acceso distintas funcións:

    • "Borrador", para obter un borrador en PDF cos datos xa cumpridos.Recorde que non é válido para presentar a declaración pero lle pode servir como consulta.Pode gardar o documento dende o enlace "click aquí para descargar o PDF".

      botón

      PDF borrador 303

    • "Validar declaración", para comprobar se existen avisos ou erros na cubrición da declaración. Recorde que convén revisar os avisos pero non impiden a presentación da declaración.En caso de que a declaración conteña erros, estes deben ser corrixidos.

      Botón

    • "Gardar", para almacenar nos servidores da AEAT a declaración.A recuperación destes datos realízase dende o botón "Cargar" (situado na ventá de "Datos Identificativos").Se xa existe unha declaración gardada anteriormente sobrescribirase. Botón

      Gardar declaración

    • "Asinar e Enviar" para proceder ao envío da declaración.

      Se non existen erros, pode realizar a presentación da declaración.Se o resultado é a ingresar e non domicilía o ingreso, deberá obter primeiro o NRC e despois presentar a autoliquidación.O NRC é o Número de Referencia Completo, un código de 22 carácteres que facilitan as entidades bancarias e que serve como xustificante do pagamento.Dende o propio formulario pode conectar coa pasarela de pagamento para xerar automaticamente un NRC cos datos que contén a declaración.Dende o enlace "Realizar pagamento (obter NRC)" enlazará coa pasarela de pagamentos para xerar o pagamento cos datos que se consignaron no formulario.

      Resultado positivo.Realizar pagamento (obter NRC)

      Unha vez introducido o NRC no campo "Número de Referencia NRC", faga clic en "Asinar e Enviar";por último aparecerá unha ventá coa información da declaración codificada e os datos do presentador e o declarante.Marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e Enviar" para finalizar a presentación.

      Botón

      Marque

    Se todo é correcto, obterá a folla de resposta na que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.

    Información da presentación.Xustificante

    Nos casos nos que exista recoñecemento de débeda, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realizar a presentación do aprazamento ou da solicitude de compensación.Pulse "Tramitar débeda".A continuación aparecerá o detalle da liquidación cos datos doDeberá escoller entre unha das opcións dispoñibles:adiar, compensar ou pagar.

    Ligazóns de interese:

    303 iva trimestral mensual Presentación formulario modelo
  • Axuda técnica 303
  • Modelo 303.IVA.Autoliquidación.