Presentación electrónica do modelo 347 (ata 40.000 rexistros)

  • Para a presentación do "Modelo 347.Declaración informativa.Declaración anual de operacións con terceiras persoas", acceda ao formulario web dispoñible na páxina de trámites do modelo 347 na Sede Electrónica dentro da sección "Trámites destacados".Faga clic en "Presentar e consultar declaracións", "Modelo 347Presentación 2018 (ata 40.000 rexistros)".Teña en conta que se o número de rexistros supera os 40.000 a presentación se deberá realizar polo enlace "Presentación 2018 mediante ficheiro".

    Trámites modelo 347

    O formulario web para o exercicio 2018 permitirá presentar soamente os rexistros correctos dunha declaración na que se detectaron erros, deixando os rexistros erróneos pendentes de presentar.Unha vez emendados os erros procederase á presentación destes rexistros, como declaración complementaria á anterior.

    Recomendámoslle depurar, previamente á presentación da declaración, o censo dos seus perceptores mediante o servizo de Identificación fiscal para evitar erros de identificación.Este servizo encóntrase no banner da campaña "Declaracións Informativas 2018" da páxina de inicio.

    Servizo de Identificación fiscal

    Presentación telemática electrónica con certificado DNIe Cl@ve PIN modelo 347 2018
  • Para visualizar correctamente todas as partes do formulario, antes de acceder, comproben o zoom e tamaño de letra establecido no navegador (unha vez presentada a declaración pode volver ao zoom e tamaño de letra anterior

    • En Internet Explorer, acceda a "Ver" na barra de menú (se non a ten activada pulse a tecla F10), "Tamaño de texto" e seleccione "Mediano".En "Zoom" seleccione 100%.Tamén pode modificar o zoom directamente dende o menú "Ferramentas" (icona de engrenaxe na parte superior dereita).
    • En Google Chrome, acceda a "Configuración", "Aspecto", "Tamaño de fonte" e seleccione "Mediano (recomendado)".En "Zoom da páxina" seleccione 100%.Tamén pode modificar o zoom directamente dende Achegar/afastar, dentro do menú de Chrome.
    • En Mozilla Firefox, acceda ao menú do navegador, "Tamaño" e seleccione 100%, utilizando os signos "+" e "-". Pode reducir o tipo de letra dende  "Opciones", "Xeneral", Idioma e aparencia."Tipografías e cores", "Tamaño".
    • En Safari, acceda a "Visualización", "Ampliar" ou "Reducir".

    Seleccione o tipo de acceso, con certificado/DNI electrónico ou Cl@ve PIN:

    Seleccione tipo de acceso

    Tras a identificación aparecerá unha ventá inicial na que debe indicar o NIF do declarante e seleccionar unha das tres opcións dispoñibles:

    ventá inicial

    • Continuar: dá acceso ao formulario en branco, para a súa cumprimentación en liña e presentación.En caso de que xa haxa unha sesión de traballo anterior, a aplicación informarao e poderá recuperar os datos da sesión anterior mediante o botón "Continuar" ou iniciar unha "Nova declaración".Continuar ou nova declaración

    • Importar: mediante esta opción pode importar un ficheiro con formato BOE previamente xerado que siga o deseño de rexistro en vigor.O arquivo poderá ter sido obtido dende o propio formulario exportando a declaración ou cun programa alleo.Teña en conta que o botón "Importar" só se mostra nesta ventá inicial.Unha vez que acceda ao formulario xa non estará dispoñible.

    • Importar ano anterior:o formulario cargará automaticamente os datos da declaración do exercicio anterior que constan activos no servidor da AEAT para o declarante consignado.Para iso, é necesario que acceda ao formulario con certificado, DNIe ou Cl@ve PIN do:

      • Declarante,

      • Colaborador social que presentou a declaración o ano anterior,

      • Apoderado que tivese presentado a declaración o ano anterior ou ben un apoderado á consulta da declaración.

      Introduza o NIF do declarante e pulse o botón "Importar ano anterior", recupérase automaticamente a información e aparece unha ventá que informa dos datos importados.Peche esta ventá co botón correspondente para poder continuar.

    Tras a ventá inicial, accederá ao modelo 347 cos seus diferentes apartados "Declarante e resumo da declaración" (é o que se abrirá por defecto), "Declarados" e "Inmobles".Pode cambiar dun a outro dende a pestana "Apartados", na parte inferior esquerda (as pestanas inferiores poden mostrarse ou ocultarse dende o botón "Mostrar/ocultar información" ao pé do formulario).

    • Declarante e resumo da declaración: cumpra os datos do declarante e da persoa con quen relacionarse.Teña en conta que os campos marcados con asterisco son obrigatorios.No caso de declaracións complementarias ou substitutivas, marque a opción correspondente e consigne o número identificativo de 13 díxitos correspondente á declaración anterior.Os campos do apartado"Resumen da declaración" non están habilitados para a súa cumprimentación, xa que se autocalculan en función dos datos introducidos no apartado "Declarados".A medida que vaia cumplimentandose a información dos declarados, o resumo contabilizará o número de rexistros correctos e incorrectosDeclarante
    • Declarados: No apartado "Declarados" encontrará unha botoeira dende a que poderá dar de alta, baixa e navegar entre os rexistros.Para dar de alta un declarado, pulse na icona "Novo rexistro" identificado por unha folla en branco co signo "+" en verde.

    Declarados

    Dende a lista de declarados podra ver todos os rexistros dados de alta e o seu estado de validación (correcto ou erróneo) dentro da columna "Estado".O reconto de rexistros correctos e incorrectos trasladarase ao apartado "Resumo da declaración".Pode acceder polo miúdo de cada rexistro facendo dobre clic sobre o NIF ou marcando un rexistro determinado e pulsando "Ver o declarado seleccionado".

    Listado declarados

    Unha vez dentro do detalle, poderá volver ao listado xeral pulsando "Volver á lista declarados".

    Detalle declarado

    Dende a lista de declarados, pode realizar consultas establecendo criterios de filtrado.Prema "Consultas" na parte superior.Na nova ventá, estableza o/os criterio/vos de filtrado e faga clic en "Consultar".

    Botón Consultas

    Ventá consulta

    Activarase unha nova pestana na parte inferior chamada "Consulta" ao lado das pestanas "Apartados" e "Erros" cos resultados obtidos en función dos criterios de busca establecidos.

    A información do rexistro esténdese nunha soa fila ao ancho do formulario polo que é necesario utilizar a barra de desprazamento horizontal para consultar o resto.Non obstante, facendo dobre clic sobre calquera dos resultados aparece a información do rexistro na parte superior do formulario.

    Pestana consultas

    • Inmobles: Dende a pestana inmobles pode xestionar os diferentes rexistros utilizando as funcións dispoñibles na parte superior.Ao igual que acontece cos declarados, existen opcións para dar de alta, baixa e navegar entre os rexistros. Tamén pode acceder polo miúdo de cada inmoble, realizar consultas ou ver o estado de validación de cada rexistro.Como particularidade, dentro do detalle de cada inmoble dispón do botón "Duplicar", que xerará un novo rexistro con datos idénticos.

    Inmobles

    Na parte inferior da pantalla encóntranse as opcións dispoñibles do formulario.Se non visualiza correctamente os botóns ou apartados comprobe o tamaño de letra e o zoom que ten configurado no navegador.

    Para comprobar se a declaración se cubriu correctamente pulse o botón "Validar".Habilitarase a pestana "Erros" e mostraranse os códigos e descricións dos avisos ou erros detectados.

    Nota: os avisos informan da conveniencia de revisar certa información, pero non impiden a presentación ou a exportación.Os erros, non obstante, esixen a súa emenda para que poida exportarse ou presentarse a declaración.

    En caso de erros, ao pulsar "Ir ao Erro" a aplicación situarase directamente na casa que debe corrixir.Mediante a opción "Descargar listado de erros" xerarase un ficheiro XML con todos os erros detectados, que poderá abrir ou gardar no equipo.

    Finalmente, se a declaración non contén erros obterá a mensaxe "Non existen erros".

    Validar.Con erros

    xml con erros do modelo 347

    Validar sen erros

    Se antes de presentar a declaración quere obter un borrador para revisar os datos, dispón da ferramenta "Borrador"Que xera un PDF coa declaración, non válido para a presentación.O borrador visualízase en pantalla e tambien pode descargarse dende a opción "clic aquí para descargar o pdf".Teña en conta que para a correcta visualización do borrador necesita dispoñer dun visor de PDF como Adobe Reader.Para volver á declaración dende o borrador faga clic en "Volver a declaración".Para cubrir unha declaración nova seleccione "Nova declaración".

    Botón borrador

    BORRADOR

    Mediante a opción "Gardar" pode salvar no servidor os datos cumpridos ata ese momento, mesmo aínda que a declaración non estea validada (pode conter erros ou estar incompleta).Deste xeito poderá saír do formulario sen perder a información.Do mesmo xeito, se o formulario se pechase tras finalizar o tempo de espera por inactividade podería recuperar os datos introducidos ata o momento de gardar.

    Para recuperar a información gardada, acceda de novo ao modelo 347.Tras indicar o NIF do declarante e pulsar "Continuar" na ventá inicial, a aplicación detectará que existe unha sesión anterior gardada e aparecerá o correspondente aviso.Pulse "Continuar" para recuperar os datos introducidos e gardados na sesión anterior.Se desexa comezar unha declaración dende o principio (en branco) pulse "Nova declaración".

    Nota:Non é posible almacenar máis dunha declaración no servidor mediante a opción "Gardar".A última sesión gardada sobrescribirá a anterior.

    Gardar sesión

    Mediante o botón "Exportar" xerará un ficheiro da declaración válido para a súa presentación, co formato do deseño lóxico publicado (formato BOE).Esta opción esixe que a declaración estea validada (debe estar completa e non conter erros). O ficheiro terá o o nome NIF e a extensión .347.Gardarase por defecto na carpeta "Descargas" do sistema ou no directorio predeterminado no navegador, aínda que pode seleccionar outro directorio.

    Exportar

    O formulario tamén ofrece a opción de importar datos do ano anterior dos rexistros activos do exercicio anterior no momento da consulta, para iso, é necesario que acceda ao formulario con certificado, DNIe ou Cl@ve NIF do:

    • Declarante,

    • Colaborador social que presentou a declaración o ano anterior,

    • Apoderado que tivese presentado a declaración o ano anterior ou ben un apoderado á consulta da declaración.

    Introduza o PDF do declarante e pulse o botón "Importar ano anterior", recupérase automaticamente a información e aparece unha ventá que informa dos datos importados.Peche esta ventá co botón correspondente para poder continuar.

    No botón "Axuda" obterá un PDF coa normativa e información referente ao modelo así como prazo, forma e lugar de presentación, ademais do deseño de rexistro do modelo 347.

    Axuda

    Despois de validar e gardar a declaración, poderá presentala pulsando o botón "Asinar e Enviar".

    Asinar e enviar

    Se a declaración continene avisos será informado nunha ventá emerxente;estes avisos non impiden a presentación da declaración.Non obstante se quere revisalos faga clic en "Cancelar".Se non, pulse "Continuar".

    Avisos

    Na nova ventá, marque a casa "Conforme" para confirmar a presentación da declaración.No cadro de texto mostrarase codificado o contido da declaración.Por último, pulse "Asinar e Enviar" para continuar coa presentación.

    Conforme, asinar e enviar

    Na páxina de resposta da presentación correcta aparecerá un PDF incrustado coa información da presentación na primeira páxina (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e a copia completa da declaración nas páxinas posteriores.

    Se ao presentar a declaración se detectan uns rexistros correctos e outros erróneos, permitirase presentar soamente os correctos, deixando os erróneos pendentes na sesión de traballo para a súa corrección e posterior presentación mediante declaración complementaria.Neste caso, se desexa presentar os correctos pulse "Se".

    Presentar os rexistros correctos

    Tras a presentación dos rexistros correctos obterá o PDF, nunha nova ventá, co número de xustificante da presentación e o resumo de datos da declaración presentados.

    NOTA. Terá presentado a declaración parcial dos rexistros correctos, pulse o botón "Volver a declaración" para comprobar os rexistros que non foron presentados por ser erróneos e que quedan pendentes de presentar.

    Recibo presentación parcial dos rexistros correctos

    Ao pulsar "Volver a declaración", infórmase de que quedan rexistros pendentes de presentar por ser erróneos, pulse "OK".

    Advertencia sobre os registos que non quedaron presentados

    Na ventá do formulario, encontrará marcada a casa "Declaración complementaria por inclusión de datos" e cumplimentada a casa "Número identificativo da declaración anterior" co número de xustificante da declaración que acaba de presentar.Recomendámoslle que garde a declaración.

    Verifique os erros pulsando "Validar", para que unha vez corrixidos os poida presentar mediante declaración complementaria.

    Ligazóns de interese:

    Presentación telemática electrónica con certificado DNIe Cl@ve PIN modelo 347 2017
  • Información sobre sinatura dixital (certificado ou DNIe) e sistema Cl@ve PIN
  • Rexistro apoderamento catálogo trámites
    Rexistro de apoderamentos e catálogo de trámites