Presentación electrónica do modelo 198 (mediante ficheiro)

  • Para a presentación do modelo 198 acceda á Sede Electrónica, "Trámites destacados", "Presentar e consultar declaracións",Modelo 198.Declaración informativa.Declaración anual de operacións con activos financeiros e otos valores mobiliarios".Se a declaración do modelo 198 contén máis de 40.000 rexistros, a presentación ha de realizarse a través da opción "Presentación 2018 mediante ficheiro" aínda que se permitirá a presentación ficheiros con calquera número de rexistros.

    Presentación por ficheiro ou máis de 40.000 rexistros

    O acceso a esta opción require identificación con certificado electrónico (firma dixital) emitido a nome do declarante.Se o declarante non dispón de certificado electrónico é necesario que a persoa que realiza a presentación está autorizada para presentar declaracións en nome de terceiros, ben por estar dado de alta como colaborador social ou ben por estar apoderado para realizar este trámite.

    A presentación do exercicio 2018 realízase mediante TGVI online, un sistema que valida se o ficheiro contén rexistros correctos e erróneos, permitindo a presentación parcial dos rexistros correctos, recuperar un ficheiro cos rexistros erróneos con formato de deseño de rexistro e declaración complementaria e un ficheiro co detalle dos rexistros erróneos e o erro de validación detectado.

    Recomendámoslle depurar, previamente á presentación da declaración, o censo dos declarados mediante o servizo de Identificación fiscal para evitar erros de identificación.Este servizo encóntrase no banner da campaña "Declaracións Informativas 2018" da páxina de inicio.

    Servizo de Identificación fiscal

    Presentación presentar telematica electrónica modelo 198 grandes volumes 30.000 rexistros
  • Será necesario dispoñer dun ficheiro coa declaración que vai transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro correspondente.Pode consultar o deseño de rexistro no seguinte enlace:

    Presentación presentar electrónica telemática modelo 198 grandes volumes 30.000 rexistros
  • Deseños de rexistro - Modelos 100 ao 199
  • Ao acceder á presentación, virá seleccionado por defecto o modelo 198 e o exercicio 2018, só será necesario que indique o NIF do declarante.

    O botón "Recuperar" permite volver cargar o último ficheiro validado pola aplicación para ese modelo, exercicio e NIF Se opta por validar un novo ficheiro mediante a opción "Ler ficheiro" calquera envío anterior para a combinación seleccionada de Modelo + Exercicio + Período + NIF Declarante perderase, xa que, só se recupera a última validación.

    Pulse "Ler ficheiro" e a continuación "Examinar" para seleccionar o arquivo.

    Prema

    Seleccione o ficheiro para validar

    Informarase do nome ou razón social do declarante, NIF e modelo/exercicio;faga clic en "Validar" para iniciar a validación do ficheiro.

    Validar

    Unha vez finalizada a transmisión e validación do ficheiro, mostrarase un resumo do resultado;teña en conta que a validación non implica a presentación da declaración.Se o ficheiro é totalmente correcto poderá proceder á presentación da declaración completa.Pulse "Presentar rexistros correctos", marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e enviar".

    Presentar rexistros correctos

    Conforme fimar e enviar

    Obterá o correspondente recibo de presentación nun PDF incrustado, que poderá gardar e imprimir, no que se mostra a información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador).Pode descargar e gardar o documento PDF pulsando o botón "Descargar documento".

    Presentado con éxito

    No caso de que se encontren rexistros erróneos incluirase a desagregación dos rexistros correctos e erróneos.

    • Presentar rexistros correctos.

    • Descargar rexistros erróneos.

    • Descargar mensaxes de erro.

    Resultado da validación

    Presentar rexistros correctos

    Faga clic no botón "Presentar rexistros correctos", na seguinte ventá marque a casa "Conforme" e pulse "Asinar e enviar".

    Presentar a declaración cos rexistros correctos

    Obterá o correspondente recibo de presentación nun PDF incrustado, que poderá gardar e imprimir.No que se mostra a información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador).Ademais, dispoñerá como dato adicional dun campo no que se informa do número total de rexistros presentados correctos e os rexistros erróneos.Pode descargar e gardar o documento PDF no seu equipo.

    Se algún/vos rexistros non foron presentados por ser erróneos, unha vez emendados os erros, deberá proceder á presentación da correspondente declaración complementaria do resto de rexistros.

    Descargar rexistros erróneos

    Descargarase un ficheiro co formato do deseño de rexistro en vigor co total de rexistros erróneos.

    Faga clic en "Descargar rexistros erróneos" e poderá abrir ou gardar o ficheiro no seu equipo.

    Descargar rexistros erróneos, gardar

    O ficheiro descargado incluirá, no rexistro tipo 1, un número identificativo como declaración complementaria e o número de xustificante da declaración orixinal validada.

    Rexistros erróneos con formato BOE

    Descargar mensaxes de erro

    Dende este botón poderá recuperar un ficheiro co detalle dos erros;trátase dun ficheiro de texto que contén un detalle do erro por cada rexistro tipo 2 (Perceptores e gastos) incorrecto.

    Faga clic en "Descargar mensaxes de erro" e poderá abrir ou gardar o ficheiro no seu equipo.

    Mensaxes de erro

    O ficheiro mostrará o rexistro de cada detalle erróneo de tipo 2, co número de liña do ficheiro orixinal e, ao final de cada liña, descrición do erro que presenta o rexistro (componse dun código e un erro).

    Ficheiro.txt co listado de erros

    Ligazóns de interese:

    Presentación presentar electrónica telemática modelo 198 grandes volumes 30.000 rexistros
  • Axuda - Certificados electrónicos
  • Declaración anual de operacións con activos financeiros e outros valores mobiliarios.
    Normativa do modelo 198