Non aparece o botón "Asinar e enviar" no formulario

  • Se trata dun problema na visualización dos formularios dalgúns modelos en que non aparecen os campos "Lugar, data e sinatura" ou non mostra as recadros de verificación na cabeceira do modelo, co que se impide avanzar e realizar a presentación.

    Este problema adoita solucionarse modificando o zoom do navegador (ampliando ou reducindo) en función do tipo de monitor e a configuración de pantalla que se teña establecida. Pode facero desde as opcións de vista do navegador ou xogando coa roda do rato mentres mantén pulsada a tecla "Control" do teclado.

    Porén, en moitos casos isto non resolve o problema. En xeral se debe a que teñen marcada a opción "Ampliar só texto" no navegador, que impide que o zoom afecte a todos os elementos. Para desactivara acceda ao menú "Ver", "Tamaño" de Firefox (se non aparece a barra de menú pulse a tecla F10).

    En tamaño, ampliar só texto

    Unha vez desactivada a opción volva a modificar o zoom ata ver as opcións que faltaban.