Que é un NRC?

O NRC (número de referencia completo) é o código xerado pola entidade bancaria como xustificante, para identificar un ingreso tributario. Consta de 22 caracteres alfanuméricos, entre os que se incorpora, de forma cifrada, a información do NIF do declarante, o importe, o modelo, o exercicio e o período.

O NRC aparecerá no xustificante da operación, canda o resumo dos datos do ingreso. Para que o NRC sexa válido, é importante que os datos facilitados á Entidade Colaboradora no momento de realizar o pagamento sexan correctos.

En declaracións e autoliquidacións que supoñan un ingreso, e para as que non se seleccionase como forma de pagamento a domiciliación bancaria, deberá incluírse o NRC xerado pola entidade bancaria para poder realizar a presentación.

Pola súa banda, no pagamento de liquidacións / débedas, unha vez efectuado o pagamento e obtido o NRC, o trámite haberá finalizado, sen que sexa necesario realizar outras actuacións. Pode gardar a resposta obtida co NRC como xustificante da operación.

Se realizou o ingreso a través da pasarela de pagamentos da AEAT pero non obtivo ou non conserva o xustificante, ten a posibilidade de recuperaro desde as opcións de consulta correspondentes, dentro de Sede Electrónica, "Trámites destacados", "Pagamento de impostos".

Pode consultar a información detallada sobre os procedementos relacionados con pagamentos e consultas, así como a relación de incidencias técnicas máis frecuentes, no apartado "Consultas informáticas", "Pagamento de impostos", que encontrará a continuación, dentro de "Ligazóns de interese".

Ligazóns de interese:

Información xeral NRC