Ao realizar un pagamento ou consulta non aparece o xustificante co NRC

Cando se realiza un cargo en conta ou unha consulta dun pagamento anterior, tras cumprir os datos requiridos e pulsar "Enviar" debe aparecer unha nova ventá co xustificante da operación e o NRC asignado.

Se ao enviar non se mostra esta ventá co NRC, é posible que se estean a bloquear as ventás emerxentes no seu navegador.Pode permitilas dende o aviso que aparecerá nesa mesma pantalla ou realizando a seguinte configuración no navegador:

  • En Internet Explorer, acceda a "Ferramentas", "Opcións de Internet", "Privacidade" e desmarque "Activar o bloqueador de elementos emerxentes".
  • En Google Chrome, acceda a "Configuración", "Configuración avanzada", "Privacidade e seguridade", "Configuración de contido", "Ventás emerxentes" e comprobe que o estado É "Permitido".
  • En Mozilla Firefox, acceda a "Ferramentas", "Opcións", Privacidade e seguridade, "Permisos" e desmarque "Bloquear ventás emerxentes".
  • En Safari, acceda a "Preferencias", "Seguridade", "Contido web" e desmarque "Bloquear ventás emerxentes".Se se trata da versión 12 entre en "Preferencias", "Sitios web", marque "Ventás emerxentes" e desactive o bloqueo para os sitios web da páxina da AEAT (se o prefire pode desactivalo de forma xeral no botón da esquina inferior dereita).

Polo tanto, se desexa confirmar un pagamento realizado do que non obtivo xustificante, configure as ventás emerxentes da forma indicada e verifique o ingreso dende as opcións de consulta dun pagamento anterior (de autoliquidacións, liquidacións ou taxas), dentro de Sede Electrónica, "Trámites destacados", "Pagamento de impostos".

En todo caso, tamén pode contactar directamente co banco ou utilizar as opcións dispoñibles da súa banca electrónica para confirmar que o pagamento se realizou correctamente e solicitar o NRC

Ligazóns de interese:

Ao realizar un pagamento ou consulta non aparece o xustificante co NRC